Nuria Pereira Martínez


Categoría: Directora do Instituto Europeo Campus Stellae
Data de Nacemento: 10 de maio de 1964
Lugar de Nacemento: Santiago de Compostela (A Coruña)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

A súa formación académica caracterizase por un perfil multidisciplinar: estudia Dereito coa especialidade en Medicina Legal e Criminoloxía na Universidade de Santiago de Compostela (1982-1988), pero non se licencia.

Cursa estudos de Psicoloxía 1981-1982.

Ciencias Criminolóxicas e da Seguridade Pública 1986-1990.

Experta en Grafoloxía, Pericia e Documentoscopia na Universidade USC 2008.

Universidade de Oxford, realiza o TFM en "Terrorismo en Europa: estudio comparado IRA y ETA" (1987).

 

Estudios de postgrado:

1985. Experta en Protocolo, Ceremonial e Heráldica pola UNED - Fundación Príncipe de Asturias. 

1990. Curso de Especialización na Unión Europea Universidade da Coruña. 

1994. Máster na Unión Europea na Universidade de Santiago.

1996. Máster en UE. Universidade de Vigo.

2001. Máster en Dereito das Novas Tecnoloxías e delitos informáticos. 

2004. Máster multidisciplinar en Violencia Doméstica.

2010. Doutora en ciencias da educación, pola Universidade Azteca de México. 

Na súa labor docente impartiu dende 1989 numerosos cursos e conferencias sobre tratamento da Violencia Doméstica, a Unión Europea, Protocolo e Grafoloxía con alumnos en máis de 30 países.

2014-actualidade. É membro do Claustro académico internacional na Universidade UCN vicerreitorado en Austria.

1987. Asesora de Protocolo e Relacións Institucionais no Clube Financeiro do Atlántico. 

1989. Directora da Asociación Galega de Estudos Europeos.

1993-2003. Directora do Centro Europeo Atlántico.

2003-actualidade. Directora do Instituto Europeo Campus Stellae.

1993. Directora académica das Áreas de protocolo institucional e diplomático, Grafoloxía e CNV, Proxectos europeos no Instituto Europeo Campus Stellae. 

1996. Consultora externa PYMES e da DG de Política Rexional da Comisión Europea.

2013-2016. Presidenta da CECAP, Confederación Española de Empresas de Formación, da provincia da Coruña. 

2018-actualidade. Membro do Consello Social da USC como representante da Confederacion de empresarios de Galicia - CEG.

2018-actualidade. Membro do Consello de Goberno da USC.

2015-actualidade. Presidenta Asociación Colexial Española de Peritos xudiciais calígrafos e grafólogos. 

2013. Medalla de Ouro do Foro Europa.