Natividad Víctor López Seoane


Categoría: Zoólogo
Data de Nacemento: En 1834 (†En 1900)
Lugar de Nacemento: Ferrol (A Coruña)
 Currículum

Estudiou Medicina e Ciencias en Madrid. Tras finaliza-los seus estudios, ocupou as cátedras de Física, Química e Historia Natural no instituto da Coruña, aínda que pouco despois trasladouse de novo a Ferrol para facerse cargo dos negocios familiares. Exerceu como médico e licenciouse tamén en Dereito.

 Obras realizadas

En 1878 participou na Exposición Universal de París con sete coleccións, sendo a persoa que máis galardóns recibiu. Durante toda a súa vida reuniu unha importante colección sobre a natureza, que abarcou minerais, fósiles, insectos, etc.

 Outros datos de interese

As pezas das súas coleccións foron catalogadas e restauradas e actualmente expóñense no museo científico da Coruña.