Muriel Sánchez


Categoría: Actriz e cantante
Data de Nacemento: En 1980
Lugar de Nacemento: Suiza
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

Web
 Currículum

Licenciada en Arte Dramática pola Real Escola Superior de Arte Dramática de Madrid, estuda así mesmo Canto e Piano no Conservatorio Profesional de Música desta cidade. Completa a súa formación como actriz e cantante tanto en España como no estranxeiro, realizando, entre outros, un Curso de Posgrao sobre Teatro Clásico e estudando en escolas como a Central School of Speech and Drama, Arts Educational School (Londres) e o Centro di Formazione Teatrale Venezia Inscena (Venecia). Desenvolve a maior parte da súa actividade no ámbito teatral, traballando en numerosas producións nacionais e internacionais. Actriz da Compañía Nacional de Teatro Clásico desde o ano 2006, protagoniza nela obras como “La Estrella de Sevilla”, “Romances del Cid”, “El pintor de su deshonra” (todas dirixidas por Eduardo Vasco), “Un bobo hace ciento” (Juan Carlos Pérez de la Fuente) ou “El condenado por desconfiado” (Carlos Aladro), e traballa noutras como “El curioso impertinente” (Natalia Menéndez). Co Centro Dramático Galego protagoniza xunto ao actor Luis Tosar “A ópera dos tres reás”, dirixida por Quico Cadaval, “Ricardo III” (Manuel Guede) e “Seis personajes en busca de autor” (Xúlio Lago), e coa compañía italiana Venezia Inscena traballa en diversos espectáculos de Commedia dell’Arte, como “Il bugiardo sincero” e “L’ereditá di Pantalone”. Noutras producións traballou ás ordes de directores como Helena Pimenta, Olga Margallo, Ignacio García, Charo Amador, Nuria Alkorta, Antonio Zancada, Manuel Lourenzo ou Adriano Iurissevich. No sector audiovisual, traballa en longometraxes como “Conexão” e “Afranio”, así como en diversas series de televisión, tanto de ámbito estatal como autonómico, entre as que destacan “El Comisario”, “Cuéntame cómo pasó” e a galega “Rías Baixas”, que protagoniza durante tres tempadas.

 Obras realizadas

TEATRO

-2011: “A ópera dos tres reás” (protagonista), de Bertolt Brecht, dirixida por Quico Cadaval e Diego García. Centro Dramático Galego.

-2011: “Un bobo hace ciento” (protagonista), de Antonio de Solís, dirixida por Juan Carlos Pérez de la Fuente. Compañía Nacional de Teatro Clásico.

-2009-2010: “La Estrella de Sevilla” (protagonista), de Lope de Vega, dirixida por Eduardo Vasco. Compañía Nacional de Teatro Clásico.

-2010: “El condenado por desconfiado” (protagonista), de Tirso de Molina, dirixida por Carlos Aladro. Compañía Nacional de Teatro Clásico.

-2008-2010: “El pintor de su deshonra” (protagonista), de Calderón de la Barca, dirixida por Eduardo Vasco. Compañía Nacional de Teatro Clásico.

-2007-2008: “Romances del Cid” (protagonista), dirixida por Eduardo Vasco. Compañía Nacional de Teatro Clásico.

-2007: “El curioso impertinente” (secundaria), de Guillén de Castro, dirixida por Natalia Menéndez. Compañía Nacional de Teatro Clásico.

-2009: “El Año Santo en Madrid” (cantante), de Calderón de la Barca, dirixida por Nuria Alkorta. Compañía Delabarca.

-2007: “L’ereditá di Pantalone” (protagonista), dirixida por Adriano Iurissevich. Venezia Inscena (Italia).

-2006: “Viva el teatro” (protagonista), de J.L. Alonso de Santos, dirixida por Olga Margallo.

-2006: “La Gran Vía” (secundaria), de Federico Chueca, dirixida por Helena Pimenta. Área das Artes do Concello de Madrid.

-2006: “Il bugiardo sincero” (protagonista), dirixida por Adriano Iurissevich. Venezia Inscena (Italia).

-2005: “Seis personajes en busca de autor” (protagonista), de Luigi Pirandello, dirixida por Xúlio Lago. Centro Dramático Galego.

-2005: “Ricardo III” (protagonista), de Shakespeare, dirixida por Manuel Guede. Centro Dramático Galego.

-2004: “La muerte y la doncella” (protagonista), de Ariel Dorfman, dirixida por Antonio Zancada. El Genio Producciones.

-2003: “La ópera de cuatro cuartos” (protagonista), de Bertolt Brecht, dirixida por Charo Amador.

-2003: “Vuelo sobre el océano” (secundaria), de Bertolt Brecht, dirixida por Nacho Pascual.

-2002: “El alcalde de Zalamea” (protagonista), de Calderón de la Barca, dirixida por Nuria Alcorta.

-2002: “Short stories & poems” (protagonista), de Raymond Carver, dirixida por Nuria Alcorta.

-2001: “La señorita Julia” (protagonista), de August Strindberg, dirixida por Charo Amador.

-2001: “Tartufo” (protagonista), de Molière, dirixida por Charo Amador.

-2000: “Agnus Dei” (protagonista), de John Pielmeier, dirixida por Charo Amador.

-1999: “La gaviota” (protagonista), de Antón Chéjov, dirixida por Charo Amador.

-1999: “Palabras de víspera” (protagonista), de Álvaro Cunqueiro, dirixida por Manuel Lourenzo. Casahamlet.

-1998: “O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca” (protagonista), de A. Cunqueiro, dirixida por Manuel Lourenzo. Casahamlet.


AUDIOVISUAL

-2008: Actriz protagonista na longametraxe “Conexión”. Dir: Leonel Vieira.

-2008: Actriz de reparto na longametraxe “Afranio”. Dir: Víctor Coyote.

-2003-2004: Actriz protagonista na serie “Rías Baixas” (TVG). Dir: Gerardo Rodríguez.

-2003: Actriz de reparto na serie “Cuéntame cómo pasó” (TVE). Dir: Antonio Cano e Agustín Crespi.

-2001: Actriz de reparto na serie “El Comisario” (Tele 5). Dir: Jesús Font.

-2001: Actriz protagonista na curtametraxe “Pero es que no es esto”. Dir: Aitor de Miguel.

-1998: Actriz protagonista na curtametraxe “Bágoas”. Dir: Xian Varela.

 

OUTROS TRABALLOS

-2006: Lectura Dramatizada de “Cuarto Frío”, de Tania Cárdenas, dirixida por Ignacio García. XI Ciclo de Lecturas Dramatizadas da SGAE.

-2004: Adaptación e Dirección Musical para a obra “Nomeolvides Luna”, de Alfonso Rodríguez.

-2001-2002: Lectura dramatizada de varias obras na Casa de América, como “La casa incendiada” e “Butterfly”.

 Outros datos de interese

INSTRUMENTOS MUSICAIS: Canto lírico. 10º Curso (Grao Profesional). Tesitura: Soprano lírico-lixeira. Piano. 5º Curso (1º Curso de Grao Profesional).

IDIOMAS: Galego (bilingüe), inglés (nivel alto), italiano (nivel alto), alemán (básico), francés (básico).