Foi presidente do xa desaparecido “Batallón Literario da Costa da Morte”. Conseguiu os seguintes certames literarios: X Premio de Poesía “Rosalía de Castro” (Cornellá, Barcelona, 1996) con Cidadela (O verxel das sete fontes), Premio de Poesía “Antón Zapata” (Laxe, 2001), Premio de Poesía “Meigas e Trasgos” (Sarria, 2002), Premio de Poesía “Faustino Rei Romero” (Isorna, Rianxo, 2002), VII Premio de Poesía “Johán Carballeira” (Bueu, 2002) co poemario Vogar de couse, VII Premio do Certame Literario “Manuel Orestes Rodríguez López” (Paradela, 2003) e III Certame de Poesía “Anduriña Voandeira” (Bilbao, 2003).
Ten publicada a obra Vogar de couse (Espiral Maior, 2003). Ademais, aparecen textos seus nas seleccións poéticas: De mar e vento (Espiral Maior, A Coruña, 1997), Certame de Poesía “Rosalía de Castro” (1992 – 1996) (Sotelo Blanco), Poesía na noite, Vis à Vis, Nós, Rumbo ás illas, Namorados da Costa da Morte, O mundo da pesca na Literatura Galega, 47 poetas de hoxe cantan a Curros Enríquez, Negra sombra. Intervención Poética contra a Marea Negra y O Trazo aberto.
Participou nas revistas Dorna, Lúa Nova, Terra bárdica, Atenea, Faro de Finisterre (Arxentina), entre outras.