É o delegado de La Voz de Galicia na Mariña-Asturias.
Como poeta, os libros máis importantes que publicou son Como a nudez escura da auga (Edicións do Castro), A traxectoria caótica do péndulo (Galaxia) e A palabra soterrada (Espiral Maior). Estes poemas foron escritos no deserto de Tunicia Alxeria, simbolizan o baleiro interior do home hoxe en día. Para teatro, escribiu: Á alba pide comigo vivir (Xunta de Galicia, finalista do premio Calderón de la Barca, 1985), Ninguén chorou por nós (Deputación da Coruña, premio Rafael Dieste, 1998) e 39 veces chao (Deputación da Coruña, finalista do premio Rafael Dieste). En narrativa, escribiu o libro Cuba, doce e soturna (Laiovento), un libro de viaxe e reflexións.