Arturo Maneiro Vila


Categoría: Xornalista
Data de Nacemento: 2 de setembro de 1948
 Currículum

Doutor en Ciencias da Comunicación pola Universidade de Navarra, é Profesor Asociado da Área de Audiovisual da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo no Campus de Pontevedra, desde 1997. Ademais, é presidente da Asociación de Xornalistas de Galicia e director de ‘Comunica’, revista de estudios de comunicación da Asociación de Xornalistas Galegos. Desde o punto de vista profesional é, na actualidade, asesor en CRTVG. Foi tamén director da Radio Autonómica de Galicia (desde agosto de 1996 ata 1999), director de Televisión de Galicia (desde xullo de 1994 a agosto de 1996) e director dos Servicios Informativos de Televisión de Galicia (desde marzo de 1990 ata xullo de 1994).

 Obras realizadas

OBRAS PUBLICADAS:
-’Funcións da Televisión autonómica galega e o Centro rexional de TVE en Galicia’, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1989.
-’Libro de Estilo de Informativos’. Televisión de Galicia, S.A. Santiago de Compostela, 1992.
-’Historia da Radiodifusión en Galicia (I)’. Fundación Caixa Galicia, Santiago de Compostela, 1993.
-’A TVG, unha institución imprescindible para Galicia’, coautor con Alfonso Cabaleiro Durán, Edicións Lea, Santiago de Compostela, 1993.
-’A influencia da TVG na promoción do galego’, Edicións Lea, Santiago de Compostela, 1993.
-’Transición das TV Locais á tecnoloxía dixital. Un cambio de modelo’. Monográfico de Comunica 1, Santiago de Compostela, 2004.
-’El Asociacionismo profesional de los periodistas de Galicia’, coautor con Moncho Paz. Monográfico Comunica 2, Santiago de Compostela, 2004.

ARTIGOS DE INVESTIGACIÓN PUBLICADOS:
-’Las televisiones autonómicas en España’, na revista ‘Situación 190/91’, ‘Informe sobre la Información: España 1990’, publicada polo BBV. pp.151-173.

RELATORIOS PUBLICADOS:
-’Televisión de Galicia’, en ‘2as. Jornadas sobre Televisión autonómica’, edita Deputación Xeral de Aragón, Zaragoza 1991. pp. 218-228.
-’Función de las televisiones autonómicas y de los centros territoriales de TVE’, no libro que recolle os relatorios das ‘Jornadas sobre el papel de la TV estatal en las comunidades autónomas’, publicado pola Generalitat de Valencia, en 1991.
-’La imagen del País Vasco en Galicia’ VI Xornadas Universitarias de Estudios Vascos, ‘La Imagen de Euskadi’, Colexio Maior Ayete, San Sebastián, 1991.
-’Las Televisiones públicas del futuro’. Club Internacional de Prensa. Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1996.
-’La información política en los medios públicos’ ‘Información política y Gabinetes de Comunicación. Primer seminario europeo de Comunicación Social’, Deputación de Pontevedra, 18-20 de marzo de 1998.
-’A Comunicación transfronteiriza na Radio’. Universidade de Vigo, Facultade de Ciencias Sociais de Pontevedra, 2000.
-’Desafío de las Radios Autonómicas’, relatorio nas ‘1ª Jornadas organizadas por el Consejo de Administración de RTVA’ (días 7 e 8 maio de 1998), publicada dentro do título xenérico de ‘Nuevos retos para las televisiones y las radios autonómicas’, RTVA. Sevilla, 2000.
-’O xornalistas no proceso comunicador da radio dixital’ no libro ‘A comunicación audiovisual na era dixital’, Xosé López e Xosé Soengas, Santiago, 1999.
-’La eficacia de la publicidad en la Radio. La publicidad en la Radio, VI Xornadas de Comunicación Social’, Pontevedra, 29 de setembro - 1 de outubro de 1999, Deputación de Pontevedra, Pontevedra, 2000.