Inicia os seus estudios musicais na Banda de Música "Unión de Guláns". En 1946 é integrante da mesma e en 1951 é Director. En 1956 ingresa por oposición na 2ª Categoría do Corpo Nacional de Directores de Bandas de Música Civís e en 1963 na 1ª Categoría. Dirixiu as Bandas Municipais de Pradoluengo (Burgos), Pedro Muñoz (C.Real), Coca (Segovia) e a Provincial de Madrid.No Real Conservatorio Superior de Música de Madrid, do que foi Profesor Numerario desde 1970 e en 1984 pasou á Excedencia Voluntaria, gradouse en Composición 1962 e Dirección de Orquestra 1975 obtendo en ambas licenciaturas o premio pacional Fin de Carreira, premio que se outorga ó mellor expediente académico nacional, ademais dos primeiros premios nos poncursos de Contrapunto e Composición. Dirixiu o Coro Rosalía de Castro do Centro Galego de Madrid, o Coro Santo Tomás de Aquino da Universidade Complutense de Madrid, co que realizou unha xira por Arxentina e Brasil, o Coro Infantil da Deputación de Madrid, a Orquestra de Londres "Roberto Grandío" entre outras. En 1984 funda o Coro da Comunidade de Madrid en 1987 a Orquestra da Comunidade de Madrid, agrupacións que dirixe ata o 2000, que pasa á situación de Xubilado.
Co Coro da Comunidade de Madrid actuou nos principais teatros e na totalidade de Festivais de España: Auditorio Nacional, Teatro Real, García Barbón (Vigo) Rosalía de Castro (A Coruña), etc...Festivais: Santander, Oviedo, Granada, Madrid, A Coruña, Alacante, Soria, etc... así como en festivais de Polonia, Iugoslavia, Francia, etc...No campo da composición escribiu obras para banda, coro, orquestra así como para obras de teatro o televisión sendo galardoado nun concurso de sintonías para TVE.
Foi galardoado co Premio Cultura 2000, apartado de Música, da Comunidade de Madrid.