Desempeñou os seguintes postos de traballo: Redactor do informativo "Mediodía en punta" de Radio Vigo-Ser (1983); locutor-redactor de Noroeste de Radiotelevisión S.A. (Vigo) (1984); axente comercial de vendas de "Publigal S.A." (1984); redactor do programa "Sol Internacional" de Nortarte Publicidad de Portugal e emitido en Radio Noroeste (Galicia), Radio Sol (Portugal), Radio Toronto (Canadá) e Radio Globo (Brasil) (1984); locutor-redactor da TVG (1985); asesor artístico do programa "Glu-glú Magazine" da TVG (1988), correspondente en Galicia das emisoras Onda Madrid, Radio Euskadi, Canal Nou e da portuguesa Radio Braga (1987-1990), enviado especial da Radio Galega, Onda Madrid e Radio Euskadi a tódolos eventos do "Xacobeo-93" (1993); xefe de prensa do "Couto Turístico de Vilagudín" Ordes (1994); director artístico da obra A barca de pedra, de César Lombera, representada en Padrón (1998-1999); director de "Verán-Verán" de Telesalnés, emitido en cadea por 14 televisións locais de Galicia (1999-2001) e director dos especiais "En Clave Social" de Televigo (2001). En 1990 foi nomeado director de programas da Radio Galega, asumindo un ano despois o Servicio Comercial. Na actualidade é xefe comercial e de Marketing da CRTVG.
No 2002 publicou La pesca en los mil y un ríos de Galicia, Ediciones Tutor.
É socio da Asociación Galega de Radiodifusión, Asociación da Prensa da Natureza e da Asociación de Profesionais de Radio e Televisión. En 1994 foi membro do xurado do "XXII Certame de Cine e XI de Vídeo" do Liceo Casino de Vilagarcía. É colaborador da revista "Caza y Pesca" (desde 1994), do programa "Linde y Ribera" do Canal Campero de Vía Digital (desde 1998) e da revista "La Gaceta del cazador y pescador" (desde 1998). Nestes momentos está en curso o seu nomeamento como "Cronista Oficial da Vila de Mondariz-Balneario".