José Ramón Alonso Pereira


Categoría: Arquitecto e profesor
Data de Nacemento: 7 de abril de 1953
Lugar de Nacemento: Madrid
 Currículum

-Titulouse na Escola de Arquitectura de Madrid en 1977, tras cursa-las dúas especialidades entón existentes: Urbanismo e Edificación. -Doutor pola Universidade Politécnica de Madrid (1983), cunha Tese sobre historia urbana: "Madrid 1898-1931: de corte a metrópole", que foi publicada pola Consejería de Cultura da Comunidade de Madrid. -É Catedrático de Historia da Arquitectura e de Urbanismo da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña, da que foi director desde 1989 ata 1997. O seu principal labor como director foi a elaboración das directrices xerais da titulación de arquitecto (1990-92) e do novo plan de estudios da Coruña (1992-95). -É un dos pais fundadores da Univ. da Coruña, formando parte da Xunta de Goberno desde a súa creación, pertencendo á Comisión de Ordenación Académica e Profesorado (1990-93) e ó Consello Social (1995-97). -Especialista en temas de Historia da Arquitectura e Historia do Urbanismo, é autor de numerosas publicacións en ámbalas dúas materias, sobre as que impartiu conferencias e seminarios en distintas universidades españolas, así como en institucións do Reino Unido, Italia, México e os Estados Unidos, estes últimos dentro do Programa Fullbright 1989-91.

 Obras realizadas

-Exerce a profesión nas súas diversas modalidades de proxecto e investigación. -Autor de numerosos traballos profesionais de restauración e construcción de edificios residenciais e singulares en Asturias e en Galicia, entre eles do Instituto Nacional de Bacharelato en Burela (Lugo), desenvolvendo o proxecto premiado no concurso nacional de prototipos de Centros Escolares (1979). -Colaborador nas principais revistas de arquitectura, entre as súas máis recentes publicacións destacan: Introducción a la Historia de la Arquitectura, (1995) Historia general de la Arquitectura en Asturias, (1996) La ciudad lineal del Madrid, (1998) e no ámbito gallego, El Banco Pastor de la Coruña (1994).

 Outros datos de interese

Foi galardoado en diversos certames de arquitectura, entre eles: -concurso nacional para o Centro Cívico da Vaguada en Madrid (1980), -concurso para a Casa de Cultura en Avilés (1982), -concurso para a ordenación do Paseo de Begoña en Xixón (1987). -concurso para ordenación do litoral da cidade da Coruña (1989), cun proxecto que abordaba as posibilidades metodolóxicas da reconstrucción nunha banda urbana litoral.