Estudiou na Universidade de Oviedo e desde 1964 reside na Coruña, onde se graduou na Escola de Artes Aplicadas. Realizou cursos de cerámica e técnicas escultóricas en Madrid e Barcelona e participou das experiencias cerámicas do Castro e Sargadelos.
Realizou as seguintes exposicións: Concello de Mondoñedo (1976, colectiva), "Homenaxe a Picasso" na Aula de Cultura da Coruña (1977, colectiva), Concello da Coruña (1978, colectiva), Casa da Cultura da Coruña (1980), IV Fira d'Art de Elche (1980), Caixa Galicia en A Coruña (1981), Festival Interceltique de Lorient - Francia (1981), Caixa Vigo (1982), Concello da Coruña (1983, colectiva), Concello de Corme - A Coruña (1983, colectiva), Caixa de Aforros e Monte de Piedade en Madrid (1984), "Catorce artistas pola Cosa da Morte" - A Coruña (1984, colectiva itinerante), "Outras artesanías", Kiosko Alfonso - A Coruña (1984), Galería Arracada na Coruña (1985), "VIII Bienal de Escultura de Sarria" - Lugo (1985), "Instalaxes", Kiosko Alfonso - A Coruña (1985), "Centro de Información de la Mujer" - A Coruña (1986, colectiva), Delegación de Cultura - A Coruña (1986, colectiva), Galería Arracada - A Coruña (1986), "Alecrín" - Vigo (1987, colectiva), Galería Lancia - León (1988, colectiva), "Maternidades" - Concello da Coruña (1988, colectiva), "I Mostra Unión Fenosa" - Sala de Cultura Hércules Coruñés - A Coruña (1989), Bienal de Escultura de Sarria - Lugo (1989), "Halcón Veicar" - A Coruña (1990, colectiva), II Bienal "Artistas Galegas" Alecrín - Vigo (1990), "Ceramistas Galegos" - Museo do Pobo Galego - Santiago de Compostela (1990, colectiva), "Cerámica Creativa Galega" - Pazo de Bendaña - Santiago de Compostela (1990, colectiva), VII Certame de Pintura Concello de Cambre - A Coruña (1990), "O desnudo no Arte" - Galería Saira - Vigo (1991, colectiva), "Mulleres Artistas" - Galería Pardo Bazán - A Coruña (1991, colectiva), Pavillón de Galicia - Expo 92 Sevilla (1992), Casa Charri - Oleiros - A Coruña (1993), "Pintores por África" - Estación Marítima - A Coruña (1993), Galería Atlántica - A Coruña (1994), Galería Sargadelos - Ferrol (1995), "Foro Atlántico de Arte Contemporáneo" - Palacio de Exposicións e Congresos - Santiago de Compostela - Galería Atlántica (1995, colectiva), IV Feira Arte Santander - Galería Atlántica - Liceo de Betanzos - A Coruña (1995), Galería Fauna's - Madrid (1996), V Feira Arte Santander - Galería Atlántica (1996), Galería Trazos 3 - Santander (1996), Galería Alameda - Vigo (1997, colectiva), Galería José Lorenzo - Santiago de Compostela (1997, colectiva), Galería Alameda - Vigo (1998, colectiva), Galería José Lorenzo - Santiago de Compostela (1999, colectiva), X Feira Arte Santander - Galería Trevellar (2001), Galería Arte Lancia - León (2001).
Algunhas das súas obras pódense atopar nos seguintes lugares públicos: murais cerámicos no Centro de Preescolar Salgado Torres - A Coruña, mural cerámico no Centro de Saúde de Coirós - A Coruña, mural cerámico no Cemiterio de Lendo - A Coruña, murais de ferro en distintas oficinas do INSS na Coruña, escultura de ferro no Centro de Saúde de Frades - A Coruña, obra de gran formato en bronce no Paseo Marítimo da Coruña, obra de gran formato en bronce no Hospital Juan Canalejo da Coruña.