É catedrático da Universidade de Santiago e doutor en Ciencias Económicas e Empresariais, exercendo nos campus de Santiago e Lugo. Neste último exerce como presidente da Sección Delegada da Facultade de Ciencias Económicas desde 1995. Ademais, foi adxunto á dirección xeral do Grupo "Televés" de Santiago entre 1983 e 1991. Foi concelleiro de Economía, primeiro tenente de alcalde e portavoz do Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo entre 1995 e 1999. Accedeu á política autonómica en 1997 e no Parlamento actuou como portavoz de Economía e presidente da Comisión de Agricultura. Foi conselleiro de Medio Ambiente e Vicepresidente segundo da Xunta de Galicia. Ostenta o cargo de vicesecretario xeral do PPdeG e é o Presidente do PP de Lugo.
Na actualidade, é Senador e voceiro do Grupo Popular no Senado.