Meendiño


Categoría: Trobador
Lugar de Nacemento: Vigo (Pontevedra)
 Obras realizadas

Deste xograr só se conserva unha única cantiga, a da ermida de San Simón. A cantiga, que segue os modelos tradicionais, é considerada como un dos froitos máis importantes da lírica medieval.

I
Seiam'(1) eu na ermida de San Simón,
e cercaronmi(2) as ondas que grandes son.
Eu atendendo(3) meu amig'! E ver[r]a(4)?

II
Estando na ermida ant' o altar
cercaronmi as ondas grandes do mar.
Eu atendendo meu amig'! E ver[r]a?

III
E cercaronmi as ondas, que grandes son;
nen ei [i](5) barqueiro nen remador.
Eu atendendo meu amig'! E ver[r]a?

IV
E cercaronmi [as] ondas do alto(6) mar;
non ei barqueiro nen sei remar.
Eu atendendo meu amig'! E ver[r]a?

V
Non ei i barqueiro nen remador:
morrerei [eu] fremosa no mar maior (7).
Eu atendendo meu amig'! E ver[r]a?

VI
Nen ei [i] barqueiro nen sei remar,
morrerei eu fremosa no alto mar.
Eu atendendo meu amig'! E ver[r]a?

Notas: 1: estaba; 2: cercáronme; 3: esperando; 4: virá; 5: ai; 6: crecido, coa marea alta; 7: crecido, coa marea alta.

 Outros datos de interese

O 29 de maio de 1982, rendéuselle unha homenaxe multitudinaria na illa de San Simón (ría de Vigo).