Foi Decano - Presidente do Colexio de Economistas de Pontevedra (2003-2018).
Membro da Ordem dos Economistas de Portugal.
Licenciado pola Universidade de Santiago de Compostela, e Doutor pola de Vigo, en Ciencias Económicas e Empresariais.
Graduado en Dereito pola Universidade Europea de Madrid.
Na sua mocedade foi membro do Grupo o Castro que fundou o Padre xesuita Seixas Subirá, para o fomento da liturxia en galego.
Foi profesor de Economía Aplicada da Universidade de Vigo.
É premio Fernández Latorre de la Voz de Galicia, 1979.
Recibe o Premio Fernández del Riego do Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra, 1980.
En 2012 obtén a Medalla ao Mérito en Servicio da Economía Española da Organización Colexial dos Economistas Españois.
Figura no Diccionario de Escritores Galegos de Francisco Fernández del Riego, no de Apelidos de Méndez Ferrín, na Enciclopedia Galega, no Diccionario Galego Universal de Ir Indo, en Galegos dos 1970 ou no Dicionário Internacional de Arte, Literatura e Cultura Contemporánea da Lusofonia das Irmandades da Fala da Galiza e Portugal.