Salvador Del Río


Categoría: Actor
Data de Nacemento: En 1966
Lugar de Nacemento: Moaña (Pontevedra)
 Currículum

Licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela, asistiu a numerosos cursos e seminarios de formación actoral como o curso de Clown impartido por Carlo Columbaioni (2000), curso de interpretación ante a cámara: ‘El ojo que respira’, impartido por Paco Pino (1998), curso intensivo de interpretación, a cargo de Ernesto Caballero (1997), curso intensivo de ‘Commedia Dell´Arte’, co especialista italiano Fabio Mangolini (1995), II Curso de ‘Expresión corporal e acrobacia’, coa bailarina cubana Shelma Shoregui, do Teatro Estudio de La Habana (1994), I Curso de ‘Expresión corporal e acrobacia’, con Shelma Shoregui (1993), Curso de ‘Voz, Dicción e Entonación I’, con Jesús Aladrén, no gabinete de voz ‘Tántara’ (1993 / 1994), curso de ‘Voz, Dicción e Entonación II’, con Jesús Aladrén, no gabinete de voz ‘Tántara’ (1992 / 1993), curso intensivo de ‘Improvisación actoral’ a cargo do director teatral Alberto Bokos e curso de Canto, con Conchita Rodríguez, profesora de canto do Conservatorio Superior de Música de Vigo (1992), Curso sobre o ‘Método de creación do personaxe’ impartido pola actriz e directora de teatro Gloria Fernández (1991), Curso de ‘Danza-Jazz’, impartido por Nuria Pahino e Carlos R. Salgueiro (1989 / 1990), Curso de ‘Danza e formación actoral’, co actor e coreógrafo Roberto Daste (1986 / 1987) e Formación Actoral, dentro do Grupo de Teatro Aurín, a cargo do director Pedro P. Riobó (1983 / 1990).

 Obras realizadas

Participou como actor en vintecinco montaxes profesionais e como director de escena en tres montaxes profesionais e catro universitarias.

TELEVISIÓN:
Participación como actor nas seguintes series da TVG: 'Os Matalobos', ‘As leis de Celavella’, ‘A vida por diante’, ‘Mareas Vivas’, ‘Pratos Combinados’, ‘Galicia Express’, ‘Rías Baixas’ e ‘Terra de Miranda’.

CINE:
‘Heroína’, dirixida por Gerardo Herrero, ‘O lapis do carpinteiro’, dirixida por A. Reixa e ‘Hotel Danubio’, dirixida por Giménez-Rico.

TEATRO:
Participación como actor profesional nos seguintes espectáculos e compañías:

-‘TEATRO DE NINGURES’: ‘Tartufo’ de Moliere, dirixida por E. Vázquez (2005), ’Troianas’ de Eurípides, dirixida por E. Vázquez (2004), ‘Círculo’, baseada na novela de Suso de Toro e dirixida por Etelvino Vázquez (2002), ‘Fausto’, a partir da obra de Christopher Marlowe e dirixida por Etelvino Vázquez (2001), ‘Lugar Común’, de Lucía Sánchez, dirixida por Etelvino Vázquez (1988/99), ‘Tic Tac’, de Suso de Toro, dirixida por Etelvino Vázquez (1995), ‘O Polbo’, de S. I. Witckiewicz, dirixida por Alberto Bokos (1993/94), ‘Crónica de Pantagruel’, baseada na novela de Rabelais, dirixida por Alberto Bokos (1992/94) e ‘Elektra’, de Hugo Von Hofmannsthal e dirixida por Alberto Bokos (1991/92).
-‘CENTRO DRAMÁTICO GALEGO’: ‘A Cacatúa Verde’, de Arthur Schnitzler, dirixida por Eduardo Alonso (2001), ‘Memoria de Antígona’, de Quico Cadaval e Xabier Lama, dirixida por Guillermo Heras (1998), ‘O bufón de El Rei’, de Vicente Risco, dirixida por Manuel Guede (1997), ‘O peregrino errante que cansou ó demo’, de Xabier Lama, dirixida por Andrés Pazos (1997), ‘Lisistrata’, de Aristófenes, dirixidas por Eduardo Alonso (1997), ‘Como en Irlanda’, de J.M. Synge e Vilar Ponte, dirixida por Quico Cadaval (1996), ‘O incerto señor Don Hamlet’, de Álvaro Cunqueiro, dirixida por Ricard Salvat (1991), e ‘Así é, se vos parece, de Luigi Pirandello’, dirixida por Maximino Keyzán (1991).
-‘TEATRO DO MORCEGO’: ‘O Caso da Rua Lourcine’, de Eugene Labiche, dirixida por Celso Parada (2004), ‘A Gran ilusión’, de Eduardo Di Fillippo, dirixida por Celso Parada (2002), ‘Os vellos non deben de namorarse’, de Castelao, dirixida por Celso Parada (2001), ‘Momo’, de Michael Ende, dirixida por Celso Parada (2000/01), ‘A Branca Rosa’, de D. Barbany, dirixida por Celso Parada (2000/01) e ‘Morte accidental dun anarquista’, de Darío Fo, dirixida por Xan Cejudo (1999/00).
-‘PRODUCIÓNS TEATRAIS DO SUR’: ‘Macbeth’, de E. Ionesco, dirixida por Julio Cardoso (1994/95).
-‘TEATRO DE NINGURES / CENTRO DRAMÁTICO DE VIANA’: ‘Terra de lobos’, de A. Torrado, a partir dun relato de Méndez Ferrín, dirixida por José Martíns. Coprodución galego-portuguesa (1996).
-‘GRUPO DE TEATRO AURÍN (TEATRO AMADOR)’: ‘O Tendal’, de Pedro P. Riobó (1990), ‘Máis cine, por favor’, de Pedro P. Riobó (1988/89), ‘Veleriam’, de VV.AA. (1987/88), ‘Os anxos e o sangue’, de B. Santareno (1985/86), ‘Pequena farsa dos amores desencontrados; O triángulo ateo’, de Mariñas del Valle (1984/85) e ‘Dos arquivos do trasno’, de Rafael Dieste. Dirección: Pedro P. Riobó (1982/83).

Como director teatral participou en’Picnic’, de Fernando Arrabal. Aula de Teatro da Universidade de Vigo (2005),’Morde-me’, Inma A. Souto. Aula de Teatro da Universidade de Vigo (2004),’Supertot’de J. M. Benet i Jornet. Aula de Teatro da Univ. de Vigo (2003), ’O Principiño’ baseado na novela de A.Saint Exupery. Teatro de Ningures (2002), ‘Roberto Zucco’de J. M. Koltes. Aula de Teatro da Universidade de Vigo (2002), ‘O Circo enmeigado’de Rafael Dieste. LLU-LLU Teatro (2001), ‘Os Figurantes’, de J. Sanchis Sinisterra. IESP María Soliño, Cangas (2000), ‘ÑAQUE, ou de piollos e actores’ de J. Sanchis Sinisterra. Teatro LLU-LLU (1999), ‘Morde-me’, Inma A. Souto. IESP María Soliño, Cangas (1999), ‘A gata sobre o tellado de cinc quente’ de T. Williams. Grupo de Teatro Aurín (1994).

Colaborou no deseño de iluminación dos seguintes espectáculos: ’O Principiño’ baseado na novela de A. Saint Exupery. Teatro de Ningures (2002), ’O circon enmeigado’ de Rafael Dieste (2001),’Ñaque, ou de piollos e actores’ de J. Sanchis Sinisterra. Teatro LLU-LLU (1999), ’Roberto Zucco’ de B.M. Koltés. Aula de Teatro da Universidade de Vigo (2002), ‘A desaparición de Wendy’ de Benet i Jornet, para Aula de Teatro da Universidade de Vigo. Campus de Pontevedra (1999), ‘Supertot’ de J. M. Benet i Jornet. Grupo de Teatro Aurín (2000), ‘Os Figurantes’, de J. Sanchís Sinisterra IESP María Soliño, Cangas (2000), ‘Morde-me’, Inma A. Souto. IESP María Soliño, Cangas (1999) e ‘A gata sobre o tellado de cinc quente’, Grupo de Teatro Aurín (1994).

 Outros datos de interese

Salvador del Río tamén foi monitor de teatro na Aula de Teatro da Universidade de Vigo (2000-2004), no I.E.S. ‘María Soliño’, Cangas (1998 / 99 / 00), no I.E.S. ‘Johan Carballeira’, Bueu (1996/97) e na A.A.V.V. de Sardoma, Valadares e Matamá de Vigo (1994).