Maruja Pino Piñeiro


Categoría: Escritora
Data de Nacemento: 14 de xuño de 1920
Lugar de Nacemento: Ponteareas (Pontevedra)
 Currículum

É a cuarta de sete irmáns. Os seus primeiros estudios no Colexio "Divina Pastora", rexido por Franciscanas. Ós dez anos, comeza o bacharelato, por libre, ata 4º e reválida cos mestres a D. José Pino e Mariano Piñeiro. Os tres últimos cursos está interna nas Carmelitas de Vigo, finalizando coa reválida na Universidade de Santiago. No quinto curso estudia as materias relacionadas co Maxisterio que, máis tarde lle valeu para exerce-la docencia, actividade que se veu na obriga de deixar polo seu matrimonio ó nace-la súa primeira filla cunha enfermidade conxénita no corazón.

 Obras realizadas

Comezou escribindo poesía ós catorce anos e leva impregnada a súa alma de poeta de tal maneira que forma parte da súa vida. Ama a historia, a investigación, a biografía e literatura infantil da que ten obra publicada e moita inédita. A súa obra figura na Antoloxía Elisa Vázquez de Guey, 1988; na de E. Alvarellos, 1990; Antoloxía de Ferrol, 1999; na de Xesús López Fernández Poemas á nai, antoloxía de 1000 páxinas. As Azas do Vento, verso galego. Todo mi sentir, castelán, 1983. Sombras no meu lecer, galego. Un libro y una flor, castelán, 1997. El marinero del canero Maruxa, 1979. Datos Históricos. Turísticos de Puenteareas y el Condado, 1981. Edu y sus travesuras, 1982. La princesa de la rosa blanca, 1984. Pedro quiere un libro de animales, 1986. El Castillo de Villasobroso y su historia, 1987. Manual de buenas costumbres, 1990. El Corpus de Puenteareas y su historia, 1991. Los Vieitez de Puga, 1996. Mondariz Balneario Puenteareas ayer y hoy Poemas de amor Ademais de todas estas publicacións en prosa tamén escribiu unha obra de teatro co título de Que vamos facer co noso Manoliño.

 Outros datos de interese

O concello condecorouna coa medalla da prata e co diploma do Corpus en 1991. En 1992 foille imposta en Pontevedra a Medalla e diploma da A.E.C. En 1997 foi, a nivel Nacional, galardón de Ouro e Diploma de Voluntario Distinguido da devandita Asociación. Medalla e Diploma de Fermín Bouza Brey. Diploma do Convento de Canedo. Premio dos Cabaleiros da Orden San Miguel pola súa obra literaria e traballos en favor do Condado.