Antonio Fernández López


Categoría: Empresario
Data de Nacemento: En 1903 (†En 1971)
Lugar de Nacemento: Lugo
 Obras realizadas

Enxeñeiro de Camiños, fíxose cargo dos negocios familiares ós 28 anos. O seu primeiro paso foi aluga-los matadoiros de Mérida e O Porriño. Uns anos máis tarde fundou Zeltia, unha empresa dedicada ós medicamentos, á agroquímica, ós productos domésticos, industriais e veterinarios. En 1941, a súa familia creou en Lugo a empresa "Frilugo" (antecedente de Frigsa) que estaba especializada na industria do frío, destinada á conservación dos alimentos. Ademais, fundou as empresas "Transfersa" (Transportes Ferroviarios Especiais), "Cementos del Noroeste" e "Pescanova". Fundou granxas agrícolas, onde se estudiaron especies, plantas e sementes, mellorando a liña da raza rubia galega.

 Outros datos de interese

Na cidade de Lugo, fundou o Colexio Fingoi seguindo os principios da "Institución Libre de Enseñanza" (alí deu clases Carballo Calero). No campo cultural, participou na creación da Editorial Galaxia e da Fundación Penzol.