En 1988 trasladouse a Madrid para cursar estudos de Xornalismo na Facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense, pola que se licenciou en 1993. Realizou estudos de posgrao na mesma Facultade, obtendo o título de Especialista en Comunicación Política e completando o terceiro ciclo de Doutorado no Departamento de Filoloxía. Foi durante esa etapa cando integrou o equipo fundador da revista electrónica “Espéculo”, primeira publicación literaria española difundida vía internet. En 1996, e tras ser finalista do Premio JB de Novela Curta, obtivo unha bolsa para pasar un trimestre académico na Universidade de Oxford, onde seguiu dous cursos como alumna e foi invitada a pronunciar unha conferencia polo Departamento de Español.
Durante a súa estancia en Oxford empezou a escribir “Que veinte años no es nada”, coa que, en 1998, obtivo o Premio de Novela Ateneo Joven de Sevilla. Publicada pola editorial Algaida, a novela resultou ser un éxito de crítica e de vendas: fixéronse tres edicións de cinco mil exemplares cada unha, ademais dunha edición de peto e outra de quiosco. En 2000 publicou “Linus Daff, inventor de historias”, coa editorial Plaza y Janés, e en 2002 “Hotel Almirante”, con Espasa. Tamén é autora de tres libros de ensaio: “Fiestas que hicieron historia”, “Tristezas de amor” e “Grandes de España”, e publicou relatos curtos en diferentes volumes colectivos. En 2006 foi finalista do Premio Planeta de Novela con “En Tiempo de Prodigios”. Como editora foi responsable da recompilación “Cuentos de Navidad” (Espasa), unha antoloxía de clásicos literarios de Nadal, da última edición do ensaio “La ciudad de las Columnas” (Espasa), de Alejo Carpentier e do volume “18 Cuentos Móviles” (Imagine Ediciones). Como xornalista, Marta Rivera de la Cruz desenvolveu o seu labor en diferentes medios audiovisuais e escritos. Na actualidade, colabora habitualmente en “El País Semanal” e no programa de radio “Al sur de la semana”, da Cadena COPE. Ademais, publicou artigos e reportaxes en revistas como Marie Claire, Vogue ou AR. En 2009 publicou "La importancia de las cosas" (Editorial Planeta). OUTRAS PUBLICACIÓNS: ENSAIOS . “Grandes de España” (Aguilar, 2005). Unha visión das grandes casas nobiliarias españolas a través dos seus representantes máis atractivos, dos Alba ós Romanones, os Güell, os Osuna... . “Tristezas de amor” (Espasa, 2002). As paixóns frustradas de personaxes inesquecibles: Marilyn Monroe, Rita Hayworth, Margarita de Inglaterra, Grace Kelly... . “Fiestas que hicieron historia”. Un percorrido polas grandes festas do século XX: O XXV centenario de Persépolis, a Festa do Blanco e Negro de Truman Capote, as ceas dos duques de Windsor, a posta de largo de Bárbara Hutton... LIBRO XUVENIL “Otra vida para Cristina” (Anaya, 2007). A vida de Cristina, unha moza de Madrid, cambia radicalmente cando ten que trasladarse a un pequeno pobo galego para vivir coa súa tía trala morte dos seus pais. Alí coñecerá a Sara, que se converterá na súa mellor amiga, e tamén a Sergio, un guapo universitario ó que considera o mozo dos seus sonos. Pero, mentres se adapta á súa nova vida, Cristina deberá resolver un misterio: ¿Por qué a súa nai e a súa tía levaban anos sen verse nin falarse?.
En 2009 publicou "La importancia de las cosas", Planeta.
TRABALLOS COMO EDITORA: “Cuentos clásicos de Navidad” (Espasa, 2003). Selección de contos de Nadal escritos por grandes narradores de tódolos tempos: Dostoievsky, Dickens, Delibes, Scott Fizgerald, Maupassant... “La ciudad de las columnas”, de Alejo Carpentier (Espasa 2004). “Dieciocho relatos móviles”. Unha antoloxía de relatos en torno ó teléfono móbil escrita por grandes autores da narrativa española contemporánea.