Mariano Casas Gil


Categoría: Pintor
Data de Nacemento: 2 de novembro de 1971
Lugar de Nacemento: Madrid

   Cultura
 Currículum

Licenciado en Belas Artes na facultade de Pontevedra en 1995, centra a súa actividade artística na pintura e tamén, nos últimos anos, na banda deseñada

Traballou tamén como creativo publicitario, escaparatista e realizador audiovisual, e na actualidade é ademáis profesor no bacharelato de artes do IES García Barros de A Estrada.

 Obras realizadas

No eido da pintura realizou multitude de exposicións por toda Galicia, e recebeu numerosos premios e mencións.

No ano 2008 fundou, xunto cos pintores Anxo Varela e Carmen Martín, o Hartismo, mediante a publicación dun manifesto que reivindicaba a busca da beleza como motor da arte, o valor do oficio frente ao da palabra e o argumento xustificativo, e sobre todo, a obsolescencia do termo "arte contemporáneo" como oposto a un arte supostamente "clásico". O hartismo denunciaba a complicidade de museos e institucións públicas nesa aceptación dun cambio de paradigma que realmente nunca foi asumido polo público, o que provoca un alonxamento crecente da cultura oficial co público que a paga. O hartismo ten hoxe centos de simpatizantes espallados por todo o mundo.

Na mesma liña de pensamento, funda en 2011en Compostela o taller colectivo aberto ao público aTravesa, que actualmente conta con 19 artistas de dierentes países e diferentes especialidades. O taller ábrese en setembro de 2011 cunha festa e un manifesto no que os seus integrantes sinalan a súa intención de usar o novo espazo, non só como un lugar de intercambio de ideas, exposicións e taller, senón tamén como unha maneira de achegar a arte ao público e liberar a oferta cultural, contaminada pola arte oficial e institucional, de intermediacións e barreiras. aTravesa publica de xeito gratuito, trimestralmente, o fanzine "Atravesando..." que edita o propio Mariano, e que pode ser baixado tamén na rede.

No mundo da BD o seu traballo é temén un exemplo de independencia e autoxestión: Publicou entre 2006 e 2009 os tres volúmenes de HISTORIAS DE MARIANO, autoeditados mediante "crowdfounding". Publicou tamén outros traballos como LA MANCHA NEGRA (2010), A HISTORIA XAMAIS CONTADA XAMAIS CONTADA (2010), e o libro MENSAXES, co que obtivo en 2008 o Premio Castelao de BD.

Ademáis disto, publicou en numerosos fanzines e publicacións independentes, traballou tamén como humorista gráfico en prensa, e impulsou proxectos colectivos de comics e fanzines de todo tipo.

Publica tamén traballos dixitais, algúns dos cales pódense ver e baixar gratuitamente da rede, como a historia VACACIONES NA BATEA (2010-2011), aparecida por entregas no seu blogue.

No campo audiovisual, Mariano realizou numerosas curtas, (Sirenas, Mala Herba, Filmiños...), de animación en flash e imaxe real, algunhas das cales son adaptacións dos seus traballos de BD.

Foi tamén coautor do largo documental CAL VIVA, CAL MORTA, A DERRADEIRA FESTA, xunto co antropólogo Duarte Fernández.

Colaborou ademáis no largo O Apóstolo, de Fernando Cortizo, (story board) e en películas de Mario Iglesias como Nais (cartel) ou Catalina (axudante dirección artística, actor).

Como deseñador gráfico traballou para numerosas empresas, tanto como freelance como en axencias, e realizou numerosos carteis de eventos culturais, sempre a través de concurso.

 Outros datos de interese

No seu blogue elestudiodemariano.blogspot.com expón ao público as súas andanzas e proxectos, e tamén poden verse as súas realizacións audiovisuais e algúns comics dixitais.

Na súa web marianocasas.com, máis centrada na banda deseñada, podense ver e pódese acceder a todos os seus traballos gráficos, que amosan un estilo, tanto narrativo como estético, fortemente personal, único, diferente, como toda a obra deste autor."