Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais na Univ. de Santiago. Xuño-1977. Obtén a Licenciatura nesa mesma Facultade en 1978, coa cualificación de Sobresaliente. De 1981 a 1983 realiza os cursos monográficos do Doutoramento nesa mesma facultade. En 1979 aproba a oposición para Profesor de Ensino Medio (na área económica). No ano 1994 obtén a Cátedra. Estudios de Ciencias Políticas (UNED) e de Inglés e Portugués (Escola de Idiomas). É auditor (non exercente). Fixo o Curso de Economistas-Auditores de outubro de 1983 a xuño de 1984. Profesor Asociado da Escola Universitaria de Relacións Laborais da Coruña, na que imparte: Estructura Sociolaboral de Galicia. Fixo o Curso de Formación de formadores en técnicas pedagóxicas (Univ. Madrid).
Publicacións: Pensamento político e económico de Lois Peña Novo (Edicións do Castro).
Obra completa de Lois Peña Novo (coeditor, con Xusto G.Beramendi). Informes sobre a situación sociolaboral da Comunidade Autónoma Galega dos anos 1992, 93, 94, 95, 96, 97, 98, e 99 (coautor). O pensamento económico de Castelao (nas Actas do Congreso Castelao). Diversos artigos en: Galicia en Clave Económica, Irimia, Anuario Brigantino, La Voz de Galicia, El Progreso, El Ideal Gallego e Comunidad Escolar. Colaborador na Gran Enciclopedia Gallega. Membro en diversos Seminarios Permanentes e Grupos de Traballo Pedagóxico como: Proxecto de investigación e innovación Educativa, Os estudios de Administración Pública e Imaxe na Escola.
Impartiu e dirixiu diversos Cursos de Formación de Profesorado (de Comercio exterior, Marketing, Lexislación Laboral, Mercado de Valores..).