Cipriano Luis Jiménez Casas


Pseudónimo:Cipri
Categoría: Médico, psiquiatra e escritor
Data de Nacemento: 5 de febreiro de 1941
Lugar de Nacemento: Pontevedra
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Licenciado con grao en Medicina e Cirurxía, 1966, Universidade de Santiago. Especialista en Psiquiatría, Universidade de Madrid. Médico-Psiquiatra no Hospital Psiquiátrico Leganés, Madrid. Médico-Psiquiatra nos Hospitais d'Yverdon (Vaud-Suiza), Bel-Air (Xenebra). Psicanalista didacta e Vocal da Asociación de Psicoterapia Psicanalítica. Esp. Foi director do Centro de Educación Especial "MENELA" (Vigo). Director Xeral da Fundación MENELA. Presidente e Fundador de A.G.A.T.A.P.I. (Asoc. Galega de Terapeutas de Autismo). Vicepresidente de Autismo Galicia (Federación galega de Autismo). Presidente da Fundación ECUMENE. Vocal da Fundación Bibliófilos Galegos (Pontevedra). Membro fundador e Vocal da Fundación SALVORA (Vigo). Conselleiro de Autismo-España (Federación Española de Autismo). Fundador da Biblioteca de Estudios Freudianos "Óscar Masotta" Vigo. Ex-Vicepresidente de FADEP (Federación Pro-Deficientes Pontevedra). Actualmente é Presidente de Autismo Galicia.

 Obras realizadas

Control de Natalidade. Métodos anticonceptivos. Ed. do Rueiro, Coruña, 1977. As voces de mármore. Autismo e Psicoses Infantís en Galicia. Ed. Xerais universitaria, Vigo,1987. Recursos e prioridades no campo das minusvalías psíquicas na comarca da Estrada. (Diputación de Pontevedra 1993). O vínculo mai-filho e a saúde mental (Galiza-Editora, Ourense, 1982). Diálogos sobre clínica de la infancia (Edic. Paradiso-Barcelona, 1984). La Contención (XVII Congreso da Asoc. Esp. de Neuropsiquiatría. Madrid, 1990). El autismo 50 años después de Kanner. (Actas VII Congreso, Salamanca, 1993). La esperanza no es un sueño (Escuela libre Editorial. Madrid, 1998). José Martí en Galicia recopilación de Cipriano Luis Jiménez Casas das Xornadas Galego-Cubanas en Homenaxe a José Martí organizadas pola Asociación de Amistade Galego-Cubana "Francisco Villamil". Obradoiro Gráfico A Nosa Terra. Vigo, 1993. Tamén publicou artigos na revista "CADERNOS" (Colexio Oficial de Psicólogos de Galicia) e na "ARAPI" Association pour la recherche sur l´autisme. Dirixe a Revista Maremagnum publicada por Autismo-Galicia e escribe artigos de opinión en Faro de Vigo, A Nosa Terra, Maremagnum..., así como no "Bulletin D´ínformatión scientifique Universite de Mons-Hainaut".

 Outros datos de interese

Director dos proxectos Europeos Horizon III. Secretario da Fundación Menela, promotora e titular de Castro Navás.