María Montes López


Categoría: Profesora e escritora
Data de Nacemento: 27 de setembro de 1958
Lugar de Nacemento: Láncara (Lugo)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

É licenciada en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela (1981) coa tese "A Fala do Val de Láncara" (1982) e doutora en Filoloxía Románica (1994) coa tese de doutoramento "Léxico de Moravia na novela curta". Foi profesora agregada de Lingua e Literatura Galega no Instituto de Bacharelato "Lucus Augusti" de Lugo (1983-87), profesora da Escola Oficial de Idiomas de Lugo (1987-1991), profesora asociada de Filoloxía Italiana na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (1991-1999) e desde maio de 1999 é profesora titular de Filoloxía Italiana. Entre xaneiro e xuño de 1996 foi profesora a contrato na Universidade Sorbonne Nouvelle, Paris III. Imparte cursos de doutoramento e conferencias en institucións españolas e estranxeiras. Realizou varias estadías de investigación en universidades italianas, francesas e inglesas e participou en diferentes proxectos de investigación financiados polo Ministerio de Educación e pola Xunta de Galicia.

 Obras realizadas

É autora dos seguintes libros: Antología de textos para los cursos de extranjeros, Secretariado de Publicacións da Universidade de Santiago, Universidade de Santiago de Compostela, 1982; Léxico de Moravia na novela curta, Microficha 421, ISBN 84-8121-179-6; Aproximación ó léxico do Val de Láncara, Servicio de publicacións da Deputación de Lugo, Lugo, 1997; Lingua Italiana I, Citania de Publicacións, Lugo, 1999 e Diccionario Italiano-Galego, Grafinova, Santiago de Compostela, 2000. Publicou varios artigos en homenaxes, actas de congresos e revistas de filoloxía sobre lingüística contrastiva, didáctica da lingua e lexicoloxía. Está a punto de publicar Lingua Italiana para Galegófonos e Textos de Italiano para estudiantes de italiano como L2. Está traballando cun grupo de investigadores italianos e galegos nunha gramática contrastiva Galego-Italiana.

 Outros datos de interese

Participou en varios congresos nacionais e internacionais e nestes momentos está organizando o "XXVIII Colloque International de Linguistique Fonctionnelle". É membro da "Sociedad de Italianistas Españoles" e da "Societé International de Linguistique Fonctionnelle".