Luis Fernández Conde


Pseudónimo:Luis Pachón
Categoría: Pintor e profesor
Data de Nacemento: En setembro de 1947
Lugar de Nacemento: Allariz (Ourense)

   Cultura
 Currículum

Estuda nos Salesianos de Cádiz (Artes e Oficios), onde comeza a súa afección pola pintura. Posteriormente trasládase a Madrid, onde alterna os estudos de debuxo e pintura coa música. En 1975 funda en Ermua (País Basco) a Escola Municipal de Cerámica, xunto con varios compañeiros. En 1981 regresa ó seu pobo natal, onde promove e dirixe a Escola Municipal de Pintura e Cerámica. No eido do ensino colaborou, como profesor de pintura e cerámica, nos Institutos de Allariz e Verín, Cursos de formación no INEM, Centro Sociocultural de Mariñamansa, Concello de Xinzo, Obradoiro infantil de Ourense …
Membro da Asociación Galega de Artesáns. Mestre de cerámica na Xunta de Galicia. Mestre de debuxo no Concello de Allariz. Director da Sala de Exposicións ‘A Fábrica’ (Allariz).

 Obras realizadas

Realizou exposicións en Eibar - Guipúzcoa (1966), Bilbao (1977), Ermua – Vizcaia (1978), Allariz – Ourense (1979 e 1980), Verín – Ourense (1981), Xinzo – Ourense (1982), O Carballiño – Ourense (1983), Ourense (1984), Celanova – Ourense (1985), Bande – Ourense (1986), Vitoria (1987), Ourense (1988), Vilagarcía – Pontevedra (1989), Santiago de Compostela, Noia - A Coruña e Ribadavia – Ourense (1990), Ourense, A Coruña, Salamanca, Vigo, Lugo e Allariz – Ourense (1991), Xinzo – Ourense (1992), Padrón - A Coruña (1993), Pontevedra (1994), Semana de Galicia en Barcelona e inauguración da Casa da Cultura en Vilardevós – Ourense (1995), A Coruña, Ateneo de Ourense e Lorient – Francia (1996), Casa de Galicia en Madrid, Lorient - Francia e Allariz – Ourense (1997), Feiras de debuxo da Xunta de Galicia: A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra (1998), Lalín – Pontevedra (1999), Castelo de Castro Caldelas – Ourense (2000), Ourense (2001), Allariz – Ourense (2002) e Hostal dos Reis Católicos, Santiago de Compostela (2003).

 Outros datos de interese

A súa obra figura na ‘Enciclopedia Galega’ (Tomo 35), ‘Itinerario de Artistas Ourensáns’, Premio Nacional de Cerámica, Premio Alcon V. de Cerámica, Artistas Creativos Galegos (Santiago de Compostela), Semana Nacional de Cerámica (Santiago de Compostela), Feira de Occidente de Artesanía (Salamanca), Feira de Artesanía (Vigo), Fexdega (Vilagarcía de Arousa), Agronatura (Ourense), Expo-Boi (Allariz), Feagri 90 (Xinzo de Limia), Mostra de Artesanía (Noia), Mostra do Noroeste (A Coruña) e Semana de Galicia no País Basco (Vitoria), etc…