María del Pilar Iglesias Osorio


Data de Nacemento: 1933 ( † 16 de marzo de 2015)
Lugar de Nacemento: Lugo

Opinión
 Currículum

Bacharel superior. Profesor Mercantil.

 Obras realizadas

Vicepresidenta da Asociación de Amas de Casa "Lucus" na súa fundación.

1980-1984: Vogal de UNICEF de Lugo.

1984-1989: Presidenta Provincial de UNICEF (deixou esta organización para integrarse na política, concorrendo ás eleccións lexislativas de 1989). Con posterioridade, faise cargo da Dirección das Aulas da Terceira Idade (Educación Permanente e Tempo Libre). Vicepresidenta da Alianza Francesa. Presidenta do distrito segundo, que organizou as bases para as eleccións municipais de 1991, ás que concorre saíndo elixida concelleira. Ó mesmo tempo noméana vogal de Servizos Sociais da FEMP. Delegada local da Fundación Cánovas del Castillo. Nas eleccións municipais de 1995 sae novamente elixida concelleira e pasa a ser Cuarto Tenente de Alcalde. Ademais, é nomeada presidenta da Comisión da Muller na FEMP e con tal motivo representa a España a través do CCMRE en diferentes foros europeos (París, Londres, La Haya, Sintra, Bruxelas e Sofía). Vicepresidenta 3ª da Comisión Nacional da Muller. Concorre de novo como candidata en 1999 ás eleccións municipais, obtendo a maioría simple (12 de 25), pero ó pactar PSOE e BNG (7+6) queda na oposición. Foi invitada como relatora de conferencias en Málaga, Santander, Tarancón, Torrelavega, Xixón, Palencia, etc... e contribuíu con relatorios, recollidas nun libro da Fundación Dolores Ibarruri " Mujeres en los Poderes Locales". Xa na oposición, en decembro de 1999, funda e preside a Asociación Veciñal "Parque de Rosalía de Castro de Lugo" con douscentos oitenta afiliados. No mes de maio do ano 2000 fúndase a Asociación Sociocultural de Formación e Emprego "ASFEM", sen ánimo de lucro, que ten como fin favorecer a inserción social de colectivos desfavorecidos, a formación ocupacional, o acceso a novas tecnoloxías, promover políticas de igualdade, actividades de inserción sociolaboral, actividades de animación sociocultural e voluntariado. Desta asociación é elixida presidenta. En novembro de 2000 foi nomeada presidenta da Comisión Nacional de Consumo. En xaneiro de 2001, funda e preside a Asociación de Consumidores e Usuarios en Marcha "Conumar", sen ánimo de lucro, con mil vintecinco asociados e con oficina aberta como punto de información ó consumidor. O día 11 de xullo de 2001 funda en Lugo a Asociación de Familias e Mulleres Rurais "AFAMMER". Na Asemblea Nacional Ordinaria da Asociación de Familias e Mulleres do Medio Rural "AFAMMER" foi designada presidenta rexional de Galicia, celebrada en Cidade Real no mes de xaneiro. En febreiro de 2001 pasa a formar parte da xunta directiva provincial da UDP (Unión de Pensionistas e Xubilados), composta por dezanove asociacións da provincia de Lugo. Con data 21 de marzo de 2001 é nomeada vogal do Consello Rexional das Persoas Maiores (DOG nº 57 de 21.03.2001). Como membro deste Consello ostentou a condición de “delegada electa”, en representación da Comunidade Autónoma de Galicia no II Congreso Estatal das Persoas Maiores, que se celebrou en Madrid do 21 ó 23 de xuño de 2001. Por resolución da Consellería de Sanidade e Servizos Sociais de data 1 de xuño (DOG nº 115 de 14.06.01), pasa a formar parte da Comisión Permanente do Consello Galego das Persoas Maiores. Regularmente realizou colaboracións xornalísticas sobre temas sociais e muller, co diario local El Progreso e La Voz de Galicia da Coruña. Na actualidade preside distintas asociacións non gobernamentais: Asociación para o Desenvolvemento Sociocultural, Formación e Emprego (ASFEM) de ámbito estatal, Asociación de Familias e Mulleres do Medio Rural de Galicia (AFAMMER Galicia) de ámbito autonómico, a Asociación de Consumidores e Usuarios en Marcha (CONUMAR) e a Federación GALICECAN para a Igualdade de Oportunidades.

En abril de 2010, a Federación de Autónomos de Galicia (Feaga) nomeouna "Autónoma del Año".

En 2014, a Xunta de Galicia, concedeulle a Medalla Castelao.

 Outros datos de interese

A través das Asociacións ASFEM e AFAMMER participou en diversos programas de ámbito Europeo (Programa Interreg III-B do Eixe Atlántico denominado Ruraltech e Programa Equal denominado Diana), ámbito Estatal (convenio para a posta en marcha dun servizo de ludoteca, programa de Prevención da Dependencia con Personas Maiores, Programa Genera, no que se fixo unha edición anual de Guías de Igualdade, Programa Primia de atención a mulleres inmigrantes e Cursos Formativos a través dos programas Novas do Instituto da Muller), e de ámbito autonómico (entidade colaboradora do Cheque Asistencial da Xunta de Galicia, Servizo de Orientación Laboral a través do Servizo Galego de Colocación, posta en marcha dun piso de acollida para persoas inmigrantes, programas formativos específicos con mulleres desempregadas e inmigrantes…).