Comeza os seus estudio de piano, música de cámara, composición, acompañamento e arte dramático no Conservatorio Superior de Música da Coruña, a súa cidade natal; ó rematalos, inicia a carreira de Canto no mesmo Centro, concluíndoa brillantemente no Conservatorio Superior de Música do Liceo de Barcelona.Sonlle outorgadas as becas: March, Castellblanch, Agustín Pedro e Pons e o premio de Canto Eugenia Kémeny.Trasládase a Milán, onde segue os seus cursos de perfeccionamento en bel canto con Elvira Rodríguez de Hidalgo, famosa soprano, mestra de María Callas.Debuta realizando recitais e concertos en distintas cidades españolas, así como en Luxemburgo, Italia, Alemaña e Bélxica.Actuou nas temporadas de ópera da Península, Baleares e Canarias.
Desde o seu debut, é cantante habitual no Gran Teatro do Liceo de Barcelona. Realizou unha función especial de Doña Francisquita (Liceo) dirixida por Plácido Domingo; La Bohème con Plácido Domingo e Montserrat Caballé (Liceo); Maruxa, Medea e Roméo et Juliette (Liceo).Premio do disco galego (CBS-Columbia) no Día das Letras Galegas. Temporadas especiais do GREC (Barcelona): Leonora (Il Trovatore), Zaida (Turco in Italia), concerto da Banda Municipal: Strauss e Wagner. Recital:Verdi, Donizetti, Rossini, Bellini. Medalla de RNE-Gran Teatro del Liceo, galardón ó cantante máis novo destacado na temporada operística. Recitais no Palau da Música Catalana, Teatro Colón e Rosalía de Castro da Coruña. Temporada de ópera da Coruña (Carmen de Bizet).Programas especiais de ópera en TVE. Gravacións para a radio.Discos coa firma Columbia.Temporadas de Zarzuela del Teatro Apolo(Barcelona). Recitais en Palma de Mallorca.1995.- Palau de la Música, Homenaxe a Manuel Asensi. Antoloxía da zarzuela en Caixa Madrid e Teatro Apolo (1996, 1997, 1998) Teatro Apolo: Temporada de Zarzuela (1999). Gran Teatro do Liceo: SLY (M.Wolf-Ferrari) xunto a J.Carreras (2000).Actuou ó lado de cantantes como: Alfredo Kraus, Plácido Domingo, José Carreras, J. Argall, S. Estes, B. Christoff, M. Horne, Montserrat Caballé, R. Scotto, E. Obratsova, F. Cossotto, E. Marton, G. Dimitrova e E. Gruberova.Dirixida por A. Gatto, L. Gardelli, V. Neuman, M. Pradelli, R. Abbado, J. Collado, E. Colomer, R. Lewis, R. Boninge, P. Steinberg, entre outros.Conta cun repertorio variado de música de cámara, canción italiana, rusa, alemana, inglesa, zarzuela e ópera. Alterna a súa actividade operística e de Concertos coa ensinanza do Canto para profesionais e baixo o punto de vista terapéutico como medio para solucionar problemas físicos e emocionais.