Doutora en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela en 1986 coa cualificación de Sobresaliente Cum Laude.
Licenciada con Grado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela en 1980 coa cualificación de Sobresaliente.
Premio Extraordinario de Licenciatura en 1980.
Profesora Titular de Historia Moderna na Facultade de Humanidades da Universidade de Santiago de Compostela, Campus de Lugo.
Directora do Colexio Universitario de Lugo de 1991 a 1993.
Decana da Facultade de Humanidades do Campus de Lugo de 1993 a 2000.
Membro da Xunta de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela, e de diversas comisións delegadas, de 1991 a 2000.
Claustral electa do Claustro Universitario da Universidade de Santiago de Compostela dende 1994 ata 2004.
Participou en diversos proxectos de investigación (Xunta de Galicia e Ministerio de Educación) sobre a historia de Galicia.
Autora de varios estudios sobre Galicia na Idade Moderna, algúns deles referidos á historia da cidade de Lugo, entre os que se atopa a parte dedicada a esta época no libro “Historia de Lugo” (2001).
Parlamentaria Autonómica na sétima lexislatura do Parlamento de Galicia.
Dende 2003 Primeira Tenente de Alcalde e Concelleira delegada das áreas de Cultura, Turismo e Educación no Concello de Lugo.