Arán Feijoo Covelo


Correo electrónico: 
Formulario de contacto

Opinión

Linkedin
 Currículum

Master en Prevención de riscos laborais, xestión dos sistemas de calidade e Medioambientais. Universidade de Barcelona (2002-2004).

Diplomado en Relacións Laborais pola Universidade de Vigo (2001-2004).

Consultor en sistemas de xestión, auditoría e supervisión.

 Obras realizadas

Labores de consultoría nesta materia para empresas de diferentes sectores dende a Metalmecánica hasta o sector naval.

Amplia experiencia como docente en sistemas de xestión por procesos, xestión medioambiental e prevención de riscos laborais.

Actualmente é Delegado de Protección de datos do Concello de Salvaterra de Miño.

Na actualidade tamén realiza colaboracións con diversos medios de comunicación.

Dende xaneiro de 2005, Consultoría estratéxica de sistemas de Calidade, Medioambiente e Prevención de riscos para empresas e administracións.

Delegado de Protección de datos e Auditor Interno para empresas e administracións.

Quirónsalud. Auditor colaborador do Grupo Quirón. Dende febreiro de 2019. Auditor Interno de Quirón Salud para os seus centros do País Vasco e Galicia.

Ministerio de Fomento. Auditor interno dende 2009.

Asistencia en auditoría de certificación da dirección xeral de marina mercante no ano 2009 e realización de auditorías internas do sistema de xestión nas áreas de titulacións e inspección marítima.

Dende 2011 é auditor interno designado para as Capitanías marítimas de Galicia reportando directamente á DGMM.

Xerente de Punto Emprego dende 2007 a febreiro de 2018.

Esta empresa fundada en 2007, foi evolucionando hacia unha formación integral en distintas disciplinas, entre as que cabe destacar a experiencia no sector do metal (Naval e metalmecánica), seguridade industrial e tecnoloxías da unión. Esto unido á experiencia como consultores de sistemas de xestión UNE-EN-ISO e en áreas de Enxeñería fai que sexa unha empresa capaz de aportar solucións integrais de xeito versátil e moderno.

Responsable de calidade, medioambiente e prevención de riscos na Confederación de empresarios de Pontevedra dende 2012 a 2017.

Realización de auditorias Internas do sistema de Xestión UNE-EN-ISO baixo as normas 9001 e 14001 así como sistema EMAS.

Poñente en diversas materias relacionadas ca área de RRHH, Seguridade e Xestión de procesos.

Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Tui. Coordinador de proxectos dende 2016 a 2017.

Relacións institucionais con asociacións de empresarios e municipios da demarcación Cameral, xestión de proxectos para a implementación de servizos ós empresarios da demarcación.

Bureau Veritas. Consultor de sistemas de Xestión. De 2012 a 2017. Implantación de sistemas de xestión baseados en procesos de cara á obtención de certificación por parte de BVQ.

Applus+. Auditor Xefe calificado na norma UNE-EN-ISO 9001 e estándar OHSAS 18001:2007, realización de auditorias para zona sur (Andalucía e Canarias), Madrid (Zona Centro) e Aragón. Auditor xefe. De 2009 a 2012.