Felipe-Senén López Gómez


Categoría: Arqueólogo e escritor
Data de Nacemento: 10 de marzo de 1948
Lugar de Nacemento: Carballiño (Ourense)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

Opinión
 Currículum

Licenciado en Historia da Arte pola Universidade de Santiago. Entre os anos 1975 e 1996 foi director do Museo Arqueolóxico da Coruña. Desde 1996 é Técnico de Xestión Cultural e Museólogo da Deputación da Coruña. É membro numerario da Real Academia Galega de Belas Artes e do Instituto J. Cornide de Estudios Coruñeses. Tamén pertence ó Instituto Pai Sarmiento de Estudios Galegos e á Comisión de Patrimonio Cultural do Consello da Cultura Galega.

 Obras realizadas

Fundador e presidente de "Amigos dos Museos de Galicia". Realizou cen proxectos e realizacións para a valoración do patrimonio cultural da provincia da Coruña. É conferenciante sobre temas de arte e etnografía por toda Europa e América. É autor de múltiples publicacións sobre simboloxía, arte e arqueoloxía.

 Outros datos de interese

É polígrafo, ilustrador e debuxante.