Marcos Hervera


Data de Nacemento: En 1976
Lugar de Nacemento: Lugo
 Currículum

Licenciado en Comunicación Audiovisual na UCM.

Posteriormente estudia a especialidade de Montaxe Cinematográfica na ECAM.

Socio fundador da produtora 14Pies Audiovisual en 2002.

 Obras realizadas

Coa produtora 14Pies Audiovisual, realiza numerosas curtametraxes, documentais e dúas longametraxes de ficción, 199 recetas para ser feliz (Andrés Waissbluth) e La mitad de Óscar (Manuel Martín Cuenca).

Realizador, montador e ocasionalmente director de fotografía.

Como realizador de televisión colabora con distintas cadeas nacionais. Montador de numerosas curtametraxes e de dúas longametraxes de ficción: '199 recetas para ser feliz' e 'El regreso de Alicia'. Director do documental 'Europa25' para The History Channel. Director de fotografía de 'Cambio de sentido', longametraxe documental para 'La Noche Temática' de La2.

Marcos Hervera e a súa irmá María, son codirectores da longametraxe documental 'AVIÓN, el pueblo ausente' (2012), coproducido por 14Pies, Filmanova, TVE, Minotauro e TVUNAM.

 

FESTIVAIS ATA O MOMENTO:

INTERNACIONAL:

FICG Festival Internacional de Cine en Guadalajara (México). Sección Oficial a Competición, Marzo de 2013.

Cinespaña 2013, Festival du Film Espagnol de Toulouse (Francia). Sección Panorama Documentaires 2013, Setembro de 2013.

 

ESPAÑA:

17´OUFF Festival internacional de Cine de Ourense, Sección Panorama Galicia, Novembro de 2012.

XXVI CINEUROPA Santiago de Compostela, Sección Cineuropa Docs, Novembro de 2012.

Nominado como Mellor Documental nos Premios Mestre Mateo 2013 da Academia Galega do Audiovisual.

Festival Internacional de Cine Etnográfico Espiello, Huesca, Sección oficial, Abril de 2013.

X Festival Documenta Madrid, Sección Panorama do documental español, Maio de 2013.

VIII Mostra de Cinema Etnográfico de Santiago de Compostela, Xuño de 2013.

XXXV Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo, Setembro de 2013. Elixida Mellor Longametraxe da Sección Oficial por votación do público.

XI Festival Internacional de Cine de Ponferrada, Setembro de 2013.