Marco Foxo


Categoría: Músico
Data de Nacemento: 30 de maio de 1990
 Currículum

Á idade de 5 anos iníciase na arte de tocar a gaita así como en instrumentos de percusión. Aos oito anos xa empeza a actuar en público nos famosos Filandóns de Músicas do Caurel así como en encontros de música galega tales como festival de música galega en Barcelona, Xuntanza Internacional de gaiteiros, festival de gaitas de Strakonice (Rep. Checa)… A súa sólida formación recíbea na propia escola Provincial de Gaitas da Deputación de Ourense a través da dirección do seu pai Xosé Lois Foxo así como no Conservatorio de Música de Ourense, onde tamén cursou estudos de percusión e gaita.

 Obras realizadas

Participou representando a Galicia en distintos festivais tales como no Encontro Internacional de Gaiteiros de Vilanova i la Geltrú, The Glasgow Piping Live e outros.
Como compositor iniciou a súa actividade aos doce anos, dando mostra dunha gran inspiración e formas orixinais, podendo confirmar a súa pegada diferencial nas súas obras. No seu primeiro traballo discográfico GAÑADOR SOLISTAS 2009 aparecen seis das súas composicións, boa mostra do seu bo facer neste campo.
Actualmente é solista principal na Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense con cuxa formación actuou en lugares tan dispares como en Australia, Exipto, China, USA, así como nos principais teatros de moitas cidades da Península Ibérica. Colaborou con numerosos artistas galegos, sendo de destacar a produción do CD CANTARES POPULARES de Miriam Figueiras, en cuxa gravación realizou un importante labor de harmonización así como interpretacións de gaita e piano.
Imparte ensinanza como profesor da Escola Provincial de Gaitas da Deputación de Ourense, así como cursos no estranxeiro.
 

 Outros datos de interese

O seu virtuosismo como gaiteiro queda reflectido nos concursos de gaitas nos que participou, conseguindo os primeiros postos e sendo o broche de ouro  na súa nova carreira artística ao terse proclamado campión no Campionato de Gaiteiros solistas 2009, galardón que dá título ao seu primeiro CD.
 
Recentemente proclamouse gañador do I Campionato Celtibérico de Bandas de Gaitas na modalidade de gaiteiros solistas, agosto 2010.