Traballou en xornais como La Noche, Correo Gallego, El Alcázar, Pueblo, Sábado Gráfico, ABC, Gaceta Ilustrada, La Codorniz, etc.
Como autor teatral, estreou 30 obras en España e noutros países, destacando Locos por la democracia; Madrid. Pecado moral; Las divinas; Cara al sol con la chaqueta nueva; etc. Tamén publicou as novelas Los hombres se visten de plata e La España del buitre. Foi correspondente de guerra en varios países, colaborador da Cadea SER desde fai 40 anos, guionista de cine e radio, poeta e biógrafo e amigo de Pablo Picasso e Salvador Dalí. Foi ademais comentarista taurino e cronista de Madrid. Escribiu, xunto ó seu mestre Borobó, a versión teatral de La Bella Otero e colaborou en gran número de xornais diarios e semanais de Galicia, Barcelona e Madrid.
Viaxou por case todo o mundo e conseguiu a Medalla da Xunta de Galicia. Con Juan Pardo, fixo comedias musicais e colaborou en "Galicia miña nai dos dous mares" con poemas de Cabanillas, Curros, Rosalía e do propio Olano. Foi galardoado co premio Antonio Machado de contos por Trenes.