Licenciado en Ciencias Económicas e funcionario da Xunta de Galicia. Traballou como economista na AISS, sendo nomeado en 1971 director de Asuntos Económicos e secretario xeral do Consello de Empresarios. Máis tarde foi nomeado director provincial do Instituto para a Reforma das Estructuras Comerciais (IRESCO). En 1977 comeza a súa vida política militando primeiramente no Partido Galego Independente (PGI) e despois na UCD cando o se integrou o seu partido na mesma. En 1982 é elixido presidente da UCD de Galicia e membro do Consello Executivo Nacional da citada formación política. En 1979 foi elixido concelleiro do Concello da Coruña e presidente da Deputación Provincial, ocupando os dous cargos ata 1987. En 1986 é elixido senador pola provincia da Coruña. Foi membro do Consello de Administración do Banco de Crédito Local. No ano 1996 funda "Democracia Galega", formación política de ámbito galego e autonomista da que é o seu presidente.
Como experto en economía é autor de diversos traballos e artigos xornalísticos, a maior parte referidos ó desenvolvemento rexional.
Entre as súas afeccións cabe destacar: submarinismo, motociclismo, música e literatura.