Pertenceu á mesma promoción de Infantería que o xeneral Franco. Cando contaba trinta e catro anos de idade xa era coronel. En 1936 ascendeu a xeneral e foi nomeado subsecretario do Ministerio da Guerra. Un pouco antes de finaliza-la guerra, foi nomeado agregado militar da embaixada española en Washington. Posteriormente trasladouse a Estados Unidos, onde deu clases de español. En 1949 foi nomeado ministro da Guerra no Goberno da República no exilio.