Manuel Varela Radío


Categoría: Xinecólogo
Data de Nacemento: 15 de decembro de 1873 (†13 de xullo de 1962)
Lugar de Nacemento: Santiago (A Coruña)
 Currículum

Catedrático de Obstetricia e Xinecoloxía na Universidade de Santiago e posteriormente na de Madrid, foi un dos xinecólogos máis famosos de España. Iniciou a súa formación en Santiago e completouna no estranxeiro sobre todo en Alemaña. Destacou como cirurxián dominando principalmente as técnicas vaxinais e particularmente a das fístulas. Discípulo seu foi o tamén catedrático de Xinecoloxía, Alejandro Otero.