Doutor en Matemáticas pola Universidade de Santiago (1984), é desde 1992 catedrático no Departamento de Teoría do Sinal e Comunicacións da Universidade de Vigo, institución na que foi elixido reitor en maio de 1998 e reelixido para o cargo en maio de 2002. Foi profesor visitante no ‘EECE Department’ da Universidade de Novo México, (Alburquerque EE.UU.) en 1990 e 1995. Foi presidente da Fundación Empresa-Universidade de Galicia, FEUGA, desde xuño de 1998 ata decembro de 2004. Foi nomeado socio de honra da Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia en 1998. É presidente da Subcomisión de Ensinanzas Técnicas do Consello de Coordinación Universitaria . Foi vocal da Conferencia de Reitores das Universidades Españolas –CRUE– e presidente da súa comisión sectorial de I+D. Actualmente é presidente do Grupo de Converxencia Europea da CRUE.
Fixo escritos e informes sobre a sociedade da información e o coñecemento publicados en libros, actas de congresos e revistas. Analiza aspectos tecnolóxicos e de impacto das TIC na sociedade.
É autor do libro ‘Tecnoloxías das Comunicacións: unha visión desde Galicia’, editado por Xerais, que recibiu o Premio Losada Diéguez en 2003.
Páxina Web: www.gts.tsc.uvigo.es/~ddocampo/