Realizou estudos na Escola Nacional de Artes Gráficas de Madrid, no Círculo de Belas Artes e na Academia de Belas Artes de San Fernando.
O seu traballo, a parte do artístico, foi nos últimos anos, xuntamente coa súa esposa (diplomada en Publicidade) o grafismo e a ilustración, e no estudio publicitario que ela dirixe.
Entre 1960 e 1969, ante a imposibilidade de poder seguir coa Augaforte e para dar continuidade a mesmo na súa obra, logrou desenvolver unha técnica na que preparaba as súas propias tintas, algúns colores vexetais como o azafrán, etc. Foi tan vehemente o seu desexo de continuar co que perdera que, despois de anos, logrou cambiar a técnica fría da plumiña ó que hoxe é a súa obra.
O papel empregado e a elaboración son manuais e con diferentes gramos de espesor e estrutura para dar, segundo o motivo, un carácter máis en concordancia co tema a tratar. Practicamente todos os motivos teñen reminiscencias que recordan á augaforte, diferentes tintas, matices e fondos, dando por suposto a toda a obra unha nova dimensión de valores e maior calidade artística ó que se coñece simplemente como "debuxo a plumiña".
Exposicións relevantes
1970. Galerie Wohlwend. Vaduz / P. de Liechtenstein.
1972. Galerie F. Grohmann. München / Alemaña.
1979. International Art Exhibition 79. Basel.
1979. International Art Center. Nova York.
Algunhas das súas obras encóntranse en galerías e coleccións privadas en Liechtenstein, Suiza, Italia, Alemaña, Dinamarca, Xapón, USA...
Premios obtidos na Escola Nacional de Artes Gráficas:
Litografía / Augaforte.
1956/57 Litografía. Sobresaliente (1er premio por oposición).
1957/58 Litografía. Sobresaliente (1er premio por oposición).
1958 /59 Augaforte. Sobresaliente (1er premio por oposición), concedido por D. Manuel Castro Gil.
1958/59 Litografía. Sobresaliente (Accésit).
1959/60 Litografía. Sobresaliente (2° premio por oposición).
A comisión de técnicos do Museo Provincial de Lugo aceptou por unanimidade a admisión de seis das súas obras. O 4 de outubro de 2007, en acto público presidido por Antón Bao, vicepresidente primeiro da Deputación, Antonio Veiga, deputado da área de Cultura e Encarna Lago, xerente del museo, fai entrega, a perpetuidade, das obras citadas ó Museo Provincial de Lugo, que quedarán expostas a partir dunha nova estruturación que ten proxectada o Museo.