Licenciouse en Dereito en 1869 e en Filosofía e Letras en 1871 en Sevilla, onde traballou de avogado durante un tempo. En 1874 casou con Ana Ruiz, coa que tivo seis fillos, entre eles os dous grandes poetas Antonio e Manuel.Dedicado fundamentalmente ó estudio do folclore, fundou a sociedade 'El Folklore Andaluz' e participou en tódalas sociedades de folclore de España, incluída a sociedade 'El Folklore Gallego', inaugurada en 1884 e presidida por Emilia Pardo Bazán.
En 1881 redactou e publicou Bases do Folklore Español.Algúns dos seus traballos de tema galego no campo da literatura popular de tradición oral son: De la poesía popular gallega (incluído en La Ilustración Gallega y Asturiana), Analogía y semejanza entre algunas adivinanzas gallegas y castellanas (en La Ilustración Gallega y Asturiana) e Analogía entre algunas cántigas gallegas y otras coplas andaluzas, castellanas y catalanas (apéndice ó volume I de Cancionero Popular Gallego).Ademais creou e dirixiu a Biblioteca das tradicións populares, que consta de once volumes, catro deles de temática galega (tres conteñen O Cancioneiro Popular recompilado por Pérez Ballesteros e o outro é un volume no que aparecen breves traballos galegos de Machado).