Carlos de Vilanova é o pseudónimo de Carlos Alberto Lareo Porral.
Escritor e editor nacido en San Pedro de Vilanova, Vedra en 1961, ainda que viviu ata os 25 anos en Bilbao, Vizcaya.
Diplomado en Enfermeiría, é experto en Urxencias e Emerxencias extrahospitalarias.
Licenciado en Antropoloxía Social e Cultural e é Máster en Patrimonio de Galicia e norte de Portugal.
Titulado en Naturopatía, Reiki, Mediciña Tradicional China...
Autor dos libros:
'Descubrir y liberarse del ego';
'Salud Naturista';
'Guía para limpiar el hígado';
'Enseñe a leer a su hij@ antes de los 3 años';
'Limpieza Nasal con Lota';
'La clave de Cristóbal Colón' (libro y cómic);
'Cuidados sin fármacos en niños febriles';
'El origen de Vasco da Ponte'.
Autor do documental “La clave de Cristóbal Colón, el noble gallego que descubrió América”.
Foi o creador do blog da limpeza hepática que se convertiu no máximo referente para o mundo hispano á hora de limpar o fígado, como medio de reconquistar a saúde por procedementos naturais.
Defínese a sí mesmo como un viaxeiro en tránsito por este planeta demente.
Vexetariano dende hai máis de 30 anos, que traballa por extender a saúde natural e o recoñecemento de Colón como galego que era.
Reside entre os ártabros de Gallaecia, mentras soña con ver a Galicia como nexo de unión entre dúas irmás atadas polas costas: España e Portugal.