Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, inspector de Traballo, Conselleiro de Traballo e Servicios Sociais da Xunta de Galicia (1990), Deputado no Parlamento de Galicia (1990), alcalde de Vigo (1995), Senador pola provincia de Pontevedra, presidente do Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular (1995). É membro do Parlamento Europeo (1999) e pertence ás seguintes comisións: Titular da comisión de Asuntos Sociais e Emprego, suplente da Comisión de Asuntos Económicos e Monetarios e membro da delegación para as Relacións cos Países de Sudamérica e Mercosur. Membro do Grupo Popular Europeo.