
CurrículumDiplomada e licenciada en Pedagoxía. Experiencia en educación Primaria e Secundaria, en educación no exterior e cargos directivos, así como en formación do profesorado. Remata a súa carreira docente na asesoría de bibliotecas escolares.
Foi Presidenta, Vicepresidenta e Vogal de GALIX, Secretaria de Nova Escola Galega, membro do Consello de Redacción de Fadamorgana e Vogal do Ateneo de Santiago.
Na actualidade é Secretaria do Ateneo de Santiago. Vocal de Barbantia. Padroa da Fundación Neira Vilas, do Museo do Pobo Galego e da Fundación Antonio Fraguas. Membro do Consello de Redacción da Revista Galega de Educación.
Realizou as laudatios de Neira Vilas e Manuel Figueiras nos actós de Socios de Honra de GALIX e o de Concha Blanco na homexaxe á autora na propia terra da AELG.
Obras realizadasTerras de Santiago
Aproximación didáctica á obra de Avilés de Taramancos (con Xosé Agrelo Hermo)
Cunqueiro (VVAA)
Aproximación didáctica á obra de Francisco Añón. Roteiro literario Francisco Añón. Exposición Francisco Añón (con Santiago Romarís e Ramón Blanco)
Edición e prólogo de Tres capitáns de tempos idos de Avilés de Taramancos
Avilés de Taramancos (con Blanca Ana Roig Rechou)
Participación en A nosa literatura infantilñ e xuvenil, Anuario de literatura, Guía de literatura infantil e xuvenil non discriminatoria…
Coordinadora da Guía de literatura infantil e xuvenil 2005-2007 e Guía de Literatura Infantil e Xuvenil para a Igualdade 2019.
Coautora do Caderno didáctico para a posta en escena de As laranxas máis laranxas de todas as laranxas (CDG).
Autora das fichas de lectura de múltiples libros da colección Merlín e Fóra de Xogo de Xerais.
Coautora de libros de texto de galego de 1º e 2º de ESO.
Coautora da bibliografía para o Salón do Libro de Pontevedra: Igualdade (Mulleres de conto), A revolución, Humor, Ecoloxía (Emerxencia literaria), Arte (Con moita arte!), Xogo (Libros para xogar), Maxia (A maxia dos libros) e Que non pare a Música!
Coordina as guías de LIXG (Libro Infantil e Xuvenil Galego): Mulleres no espello da LIXG, Clorofila en letra para curar o planeta, Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable e Para a inclusión.
Elabora a Guía Memoria Histórica na LIXG (Literatura Infantil e Xuvenil Galega).
Cotraductora de Marta ante o espello.
Coautora da antoloxía Tropel de marmolubios: antoloxía da narrativa infantil galega.
Coautora Antoloxía da narrativa xuvenil galega.
Autora das exposicións: 'Exposición 100 anos de literatura infantil galega' e 'Literatura infantil e xuvenil galega para a paz'.
Publica en diferentes revistas como Anuario Barbantia, Fadamorgana, Eduga, Revista Galega de Educación, Raigame, Alameda, Terra de Outes, Obarbanza, Cedofeita, Cumieira das Letras, Terras do Ortegal, Pena do Encanto, Grial, Boletín de Nova Escola Galega, CLIJ…
Con María Jesús Fernández realiza o Panorama do libro Libro Infantil e Xuvenil Galego en CLIJ (Cuadernos de Literatura Infantil y Juvenil), anualmente dende 2023.
Xestiona o blog: 'De libros e outros artefactos' e 'No país das marabillas'.
En Radio Ateneo Podcast é autora do podcast: Libros para as medras. Coautora dos podcast: Media ducia de poemas e unha canción e Comezos.
Participa nos dixitais Café Barbantia e Galicia Digital.
Conta con dezasete libros publicados na Biblioteca Virtual Exeria.
Xurado de diferentes premios: Lazarillo, Fina Casalderrey para a Igualdade, Raíña Lupa, Gala do Libro, Follas Novas, Irmandade do Libro, Certame Poeta Añón de Poesía, Carlos Mosteiro, Neira Vilas de novela, Arume de poesía para a infancia, Premio Internacional Compostela para álbums ilustrados, Anisia Miranda de Teatro para a infancia, Relato de Aventuras Avilés de Taramancos, Libro Informativo para a Rapazada, Educacompostela, Losada Diéguez...
Outros datos de intereseFoi Presidenta, Vicepresidenta e Vogal de GALIX, Secretaria de Nova Escola Galega, membro do Consello de Redacción de Fadamorgana e Vogal do Ateneo de Santiago.
Na actualidade é Secretaria do Ateneo de Santiago. Vocal de Barbantia. Padroa da Fundación Neira Vilas, do Museo do Pobo Galego e da Fundación Antonio Fraguas. Membro do Consello de Redacción da Revista Galega de Educación.