Rubén López Ferreiro


Categoría: Director xeral de Elogia Media-GaliciaBanner
Data de Nacemento: 11 de agosto de 1977
Lugar de Nacemento: Santiago de Compostela (A Coruña)
Teléfono: 902905191
 Currículum

Licenciouse en Economía pola Universidade de Santiago de Compostela. Superou con éxito un master en Comercio Electrónico na USC e outro de Dirección de Empresas TIC na Escola de Negocios Caixanova.

 Obras realizadas

Nos seus comezos profesionais exerceu como perito elaborando periciais para Caixa Galicia e Unión Fenosa. Máis tarde traballou na compañía Redinc, xestionando proxectos de novas tecnoloxías, converténdose un deles na rede exclusivista de espazos publicitarios en portais galegos en GaliciaBanner no ano 2000.
Rubén López Ferreiro administra contas publicitarias de clientes de Google desde 2002 e posúe o título de excelencia de Google Advertising Professional. Desde agosto de 2007, dirixe desde Vigo Elogia Media-GaliciaBanner, integrada no grupo internacional de marketing Elogia.

 Outros datos de interese

As súas maiores afeccións son viaxar e navegar.
Páxina web: www.elogiamedia.net