É Presidente de Manuel Niñerola Grup Immobiliari, S.A.
En 1969 constitúe a empresa que actualmente xira como Manuel Niñerola Grup Immobiliari, S.A., da que actualmente é presidente. É unha empresa familiar que se dedica principalmente ó desenvolvemento e xestión do solo, construción, promoción e comercialización, aínda que a súa diversificación é evidente, xa que tamén consta de empresas dedicadas ás enerxías renovables, ten participacións na industria cinematográfica, centros comerciais, e da que dependen un total de 31 empresas. Actúa nos mercados de España, Andorra, Polonia e Venezuela e o volume de negocio é de 500 millóns de euros para os próximos 5 anos e, directa e indirectamente, conta con máis de 300 empregados.
Actualmente é presidente da Federación de Gremios da Construción da provincia de Tarragona (FEGCO), presidente da Asociación Provincial de Promotores e Construtores de Edificios de Tarragona (APPCE), membro da xunta directiva da Asociación Nacional de Promotores e Construtores de España (APCE), presidente da Federación de Gremios de Contratistas de Obras de Cataluña, membro da xunta directiva do Foment del Treball Nacional (FNT), membro da xunta directiva da Confederación Nacional da Construción, CNC, integrada na CEOE, membro da xunta directiva da Asemblea Xeral da Confederación Española de Organizacións Empresariais e vicepresidente da Asociación de Empresarios Galegos de Cataluña (AEGA-CAT).