Foi fundador da Federación de Mocedades Galeguistas en 1934, que propugna a loita contra todo o que sexa antigalego. Estudiou Dereito en Compostela e en Oviedo.En 1966 emigra a Venezuela e volve a España en 1973. Dirixiu durante un tempo a Aula de Cultura Galega do Ateneo de Madrid e colaborou co diario ABC como crítico literario.
Ós 21 anos publica o seu primeiro libro titulado Cartafol de poesía. En 1954 publica O soño sulagado. A súa obra Longa noite de pedra supón un gran acontecemento para a poesía galega. É un libro de poesía social que ataca o imperialismo e todo o sistema opresor da liberdade.En 1968 publica Viaxe ó país dos ananos, unha sátira contra os galegos na emigración que no teñen ningún tipo de conciencia social e só buscan enriquecerse e o seu propio proveito. A sátira e o ton sarcástico utilízaos de novo nos libro Paco Pixiñas (1970) y Cemiterio privado (1973).Tamén é fundamentalmente satírico o libro Antipoemas. Orixinariamente foi escrito en galego y prohibido pola censura. Con este libro, traducido ó castelán, gañou en 1971 un premio internacional de poesía y ó ano seguinte foi publicado en castelán. Os trazos propios de la poesía de Celso Emilio Ferreiro: humor sarcástico, polimetría de versos, anglicismos, etc. están presentes nestes Antipoemas.En 1969 publica Terra de ningures, breve colección de composicións sinxelas nas que recrea o exilio e a nostalxia do paisaxe perdido.Onde o mundo se chama Celanova (1975) son poemas de lirismo intimista e sentimental en recordo do seu pobo natal. Con respecto a súa producción narrativa cabe destacar A fronteira infinda (1972) e A taberna do galo (1978).Celso Emilio Ferreiro escribiu fundamentalmente en galego, aínda que tamén conta con algúns libros de poesía en castelán: Al aire de tu vuelo (Pontevedra, 1941), Baladas, cantigas y donaires (Pontevedra, 1947), Voz y voto (Montevideo, 1955), entre outros.
Dedícaselle o Día das Letras Galegas no ano 1989.