É profesor agregado de Bacharelato e licenciado en Filoloxía Xermánica pola Universidade de Santiago de Compostela. É concelleiro do Concello de Boiro desde 1987 e presidente do comité local do PP de Boiro. Esta é a súa segunda lexislatura no Parlamento de Galicia ó que accedeu en 1997 e no que durante catro anos foi portavoz de Cultura do Grupo Parlamentario Popular.