É membro do Seminario de Estudios do Deza, do Padroado Cultural de Lalín e correspondente do Museo de Pontevedra.
Autor dos libros: Hijos ilustres de Lalín: El aviador Loriga (1976).Silleda, la tierra de Trasdeza en la Galicia Central (1978).A comarca do Deza en colaboración con Armando Vázquez (1989-1997).Coñece Lalín. Comarca do Deza (1994).Loriga: O home que baixou do ceo (1997)..E na colección Fillos ilustres da provincia de Pontevedra patrocinada pola Deputación Provincial: O aviador Loriga (1989) e W. Calvo Garra: Vida dun científico (1991). O reloxeiro Evangelino Taboada (1998). Colaborou na redacción de "La Gran Enciclopedia Gallega" (1975-79); con Filgueira Valverde e García Alén en Adiciones a la Carta Arqueológica de la provincia de Pontevedra (1976); con Hipólito de Sá en Rutas de románico en la provincia de Pontevedra (1978), coa Asociación de Amigos de los Pazos en Inventario de Pazos y Torres. La Estrada, Deza y Camba (1982) e na publicación das obras Vidal Payo. Unha vida en pedra (1996), Lalín, cen anos en fotos (1999)Manuel D. Varela Buxán: O patriarca do teatro galego (2000).Colaborador en "La Voz de Galicia" (1972), "El Correo Gallego" (1973-76), "A Nosa Terra" (1983- 89) e "Faro de Vigo" (1982-99) e nas emisoras "Radio Pontevedra" (1974-75), "Radio Noroeste" (1985-86) "Radio Nacional de España" (1981-83) TVG y TVE en Galicia. Dirixiu o periódico lalinense "La Defensa" (1980).Como director e guionista do grupo "Deza Cine Galego" (1975-82) participou nas películas Fiadeiras de Zobra, O campo galego, Cantigas da emigración, consello do compadre, Loita, Lalín e O Santuario do Faro, que foron proxectadas en numerosas localidades galegas e participou nos festivais de cine afeccionado de Vilagarcía, Vigo e Lugo, obtendo premios e mencións en todos eles.
Na orde profesional é director da Sucursal do Banco Bilbao Vizcaya Argentaria en Ribadavia e con anterioridade dirixiu as de Silleda e Lalín.