Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela e doutor en Economía pola Universidade de Vigo. Profesor do Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Vigo desde 1990.Investigador Invitado no Instituto de Economía Forestal da Universidade de Friburgo (RFA) en 1993 e no Instituto de Economía do Medio Ambiente da Universidade de Gotinga (RFA) en 1995.Participa en proxectos de Investigación financiados pola Xunta de Galicia, a Universidade de Vigo e unha acción integrada hispanoalemana co Instituto de Economía Forestal de Friburgo. Autor do capítulo do sector forestal no Informe anual de Economía galega que publica anualmente a Fundación Caixa Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela. Autor de artigos en revistas como a Revista Española de Estudios Agrosociales; Revista Galega de Economía; Economía e Sociología; Allgemeine Forstzeitschrift für Waldwirtschaft und Umweltvorsorge-AFZ; Cooperativismo y Economía Social; Portuguese Economic Journal; Montes; di Economía; Agricultura e Ambiente; Revista Valenciana de Hacienda Pública Palau 14; Montes, Ciudad y Territorio; Estudios Territoriales. Revista de estudios de Economía Aplicada.
Comunicacións presentadas a diversas reunións da Asociación Española de Ciencia Regional, Congreso Forestal, Congreso de Economía de Galicia, Congreso Nacional del Medio Ambiente, IXth. European Congress os Agricultural Economists, Third Seminar on Environmental and Resource Economics, XXIV Simposio de Análisis Económico, II Encuentro de Economía Aplicada, V Encontro galego de novos investigadores en Análisis Económica, VII Encuentro de Economía Pública, VI Encontro da APDR, Conferencia Científica Internacional Medio Ambiente Siglo XXI e Internacional Kongress Landschaftsplannung in Europa.Relator invitado en cursos de verán, conferencias e xornadas técnicas sobre o sector forestal e o medio ambiente.Autor dun capítulo do Manual de Gestión Medioambiental editado pola editorial Ariel en 1997 e outro en Economía Ambiental e Sociedade editado polo Consello da Cultura Galega. Autor do libro As funcións sociais do monte en Galicia. Unha perspectiva económica, editado polo servicio de publicacións da Deputación Provincial de Pontevedra.Coautor do libro en prensa Costes y beneficios de la intervención pública en el Parque de las Illas Cíes en Galicia. Serie Economía da Fundación Barrié de la Maza-Banco Pastor.