Dende nena amosa un grande interese e experimenta con todo tipo de disciplinas creativas, especialmente a pintura e o deseño gráfico, pasando pola fotografía, o teatro e a música.
Comeza a súa formación artística no Obradoiro de Artes Plásticas do Colexio Manuel Peleteiro en Santiago de Compostela, labor que continúa participando en diversos obradoiros colectivos e coa propia autoaprendizaxe e experimentación continuas.
Estuda Deseño Gráfico e Multimedia en A Coruña durante 3 anos e comeza a súa traxectoria profesional que desenvolve en diferentes empresas en Madrid, Barcelona e León.
Actualmente dirixe o seu propio estudio de deseño e páxinas web en O Milladoiro (Ames).
EXPOSICIÓNS:
2010: Pazo da Peregrina, Bertamiráns, Ames.
Exposición colectiva: BATIK.
2009: Dolce Vita, A Coruña.
Exposición individual.
2008: Manuel Márquez Galería de Arte, Ourense.
Exposición individual "Dualidad".
2007: Castelo Conti di Monica, Alcamo, Sicilia, Italia.
Exposición colectiva “Between the sky and the Ground” de participación internacional.
Organizado por Camaver Kunsthaus.
2007: Palacio Cesi, Acquasparta, Umbria, Italia.
Exposición colectiva COELVM de participación internacional, organizada por Camaver Kunsthaus dentro do seu programa "Ancient Palaces".
2007: Albergue Xuvenil "San Fermín", Madrid.
Exposición individual dentro do Congreso IRO 2007 (Ibera Renkontigxo).
2006: Sala de exposicións de La Moncloa de San Lázaro, Cacabelos, El Bierzo.
Exposición individual.
2006: Pazo da Peregrina, Bertamiráns, Ames.
Exposición individual.
2005: Área Temática Médulas, Ponferrada, El Bierzo.
Exposición colectiva "Saborearte" de pintura e gastronomía.
MENCIÓNS:
Publicación no libro “100 Mulleres Artistas Galegas” (2010).
Publicación na revista “Búsola: novos artistas, novas creacións” (2006).
Diversos premios no Certame Xuvenil de Artes Plásticas de Galicia (1997).