Manuel Feijoo


Categoría: Franciscano e musicólogo
 Currículum

No último cuarto do século pasado, floreceu no panorama musical galego, a figura e obra de Manuel Feijoo, un sinxelo e alegre franciscano, enfundado na pobre capa dos fillos do de Asís, percorrue as rúas compostelanas e as corredoiras de moitos pentagramas corais e solistas, como unha batuta ou unha renovada gramola que conxuntase e aledase a vida e convivencia de tódolos que se lle achegaban ou pasaban ó seu lado. Era alto e espigado. Alto tamén nos cumios da melodía relixiosa e profana, que hoxe sona ainda nas celebracións, sobre todo relixiosas, de tantos encontros ou festividades solemnes de calquera santuario ou igrexa de tantos pobos e cidades de Galicia, así nas voces de corais profesionais como de pequenos grupos amateurs.
“Imos cantar esto de Feijoo, despois estoutro e logo rematamos con outra de Feijoo”. E tamén as bandas de música, que sobre todo na provincia de Ourense, acoden a solemnizar as festas patronais de tantas parroquias. En soportes audio, igualmente.
E sucede que, curioseando en internet e noutros moitos medios, levei a sorpresa de non atopar nin rastro de liña algunha, que falase del. Vaia, entón, nesta plataforma de Galicia Digital, o que creo primeiro acto de desagravio, e de xustiza para un dos bos e xenerosos.
Ben puideran omitirse datos da súa primeira e fundamental vocación relixiosa, pero creo que a segunda, a musical, non foi nel senon un regreso á súa raíz e inocencia orixinaria, como en toda música e en todo home. Ademáis así lles gostará ós seus paisanos e familiares, quen adoraban e seguen adorando ó seu Manuel.

 

O evanxelio da infancia

Cantos coñecimos ó Pai Manuel Feijoo, todos lle temos oído falar en infinidade de ocasións da tía Isaura e da súa irmá Celia. A ésta ainda a recordamos como a musa e a personaxe da maior parte das súas conversacións e fraternais tertulias. Aquela, a tía Isaura, foi sinxelamente a súa nai case carnal e sí para Dios. Nai case carnal, porque dona Balbina Sousa, a nai de Manuel, morreu cando éste tiña só once meses. Naceu Manuel en Outomuro (Ourense), parroquia de Mundil no ano 1926. ó día seguinte do óbito da súa nai, a tía Isaura ven do veciño lugar de Santa Catalina a recoller ó neno para crialo e educalo na súa casa. Alí viviría ata os 13 anos, idade á que ingresa como seminarista no Convento franciscano de San Antonio de Herbón (Padrón). O que sabemos do P. Feijoo nestes anos de infancia, cóntano os seus irmáns, Odilo e Celia, e o seu íntimo amigo e veciño, porta con porta, o P. José Bugallo. “Manuel comezou a falar, dicindo o Padre Nuestro ou a Santa María... O primeiro que dixo non foi “mamá”, que foi “Santa María”. Este breve relato indica, moi claramente, a clase de persona que era a tía Isaura de Santa Catalina, muller que naceu para “monxa”, pero que se quedou no século para servir ó Pobo de Deus. E o fixo con tódolos seus veciños, pero, de xeito especial, co seu sobriño-fillo, o P. Feijoo. A tía Isaura era solteira e o seu coidado agora era ser nai de Manuel. Ela tiña unhas poucas terras de labranza e había que traballalas. Ós 5 e 6 anos, Manuel xa collía a eixada “e iba tamén diante das vacas”. Pero antes de ir ás labouras cotiás do campo, o día comezaba con unha longa caminata de 3 kilómetros, para asistir á Santa Misa no santuario da Nostra Señora do Mundil. Conta algún dos testigos que, ó principio, como o neno era pequeniño, a tía o levaba no colo. Ós pes da Virxe do Mundil e ó coidado da tía Isaura, Manuel íase facendo misioneiro predicador. E así foi que, xa ós 5 ou 6 anos, no cuarto grande da casa, Manuel construíuse un púlpito con unha silla, posto o seu respaldo ó revés, e dende alí predicaba ás visitas os seus sermones e “exemplos” do mes de maio. Ademáis do púlpito, fabricara un altar que él mismo se encargaba de que estivese sempre adornado con flores da lindante horta da casa (Casa, que por expreso desexo do P. Feijoo, hoxe está convertida en capilla). Á tía non lle gostaba moito o xeito en que lle caía a Manuel eso de traballar coa aixada ou ir co gando. Por eso o enviaba tódolos días á escola comarcal de Outomuro, e a Manuel lle ían gostando máis as letras que o outro. Ata o punto de descollar sobre maneira sobre os compañeiros, que polo camiño lle gastaban as bromas típicas que neses casos se lle gastan ó empollón de turno. Manuel iba crecendo en sabiduría e en gracia ante DeManuel Feijoous e ante os homes, e é ós séus nove anos, cando a tía decide que o seu sobriño tería que seguir o que para ela estaba moi claro. Xunto con José Bugallo vai tódolos días a recibir clases de latín e formación relixiosa de Don Aquilino, cura-institución de aquela parroquia. E vai xunto ó cura, porque él ha de ser cura, tamén. Tras varios intentos de ingresar, primeiro no seminario diocesano de Ourense -non podía ser polo alto coste da pensión-, logo en Oseira, onde está un primo seu, pero que a cousa non o convenceu moito, ingresa no seminario de Herbón á idade de 13 anos, tras ser examinado de ingreso polo P. Antonio Montero, que á sazón era morador no Convento de San Francisco da veciña Ribadavia. Alí, agradecida, a tía levaría moitos roscóns ós pobres frailes franciscanos, agora pais do seu fillo-sobriño Manuel. En Herbón cursa os correspondentes anos de humanidades e despois de toma-lo hábito e emitir os votos simples dos Menores no ano 1944, pasa ó Estudiantado de Filosofía no Convento de San Diego de Canedo (Ponteareas). Son os anos da posguerra civil española e a hambruna apodérase dos cenobios e, dun xeito especialmente cruel, deste de Canedo. Xa ahí e para sempre, compón unha suplicante plegaria, para solista e piano, á que os seus compañeiros chamarían “Santa María da Fame”. En voz de contratenor agudo, a melodía faise berro e o irmán Manuel Feijoo xa é o músico do estudiantado e o inspirado compositor que será sempre.

 Obras realizadas

As viaxes de San Manuel Bueno e Músico

O P. Manuel Feijoo ordénase sacerdote en 1951. No que ó campo musical se refire, que é no que descollou para a historiografía de Galicia, xa levaba moitos arpegios e moitos pianos sudados, pois a súa música lle veu máis do tesón que de natura, de afición que de xenio. De traballo que non de repentización. Pouco a pouco e, como se dijxéramos agora, por cauce e servizo pastoral, vaise pasando ó ámbito da composición melódica, onde, ás veces, o efecto e a sensación se amosan xeniales. Non así tanto na armonización. Á par de elo, e dende o ano da súa ordenación sacerdotal, 1951, comeza a formación de grupos corais. O primeiro, no seu mesmo pobo de Outomuro, co gallo das festas patronais de 1953; un coro de voces mixtas que convertiu o Santuario do Mundil en centro musical da comarca da agora chamada “Terra de Celanova”. Logo, o Coro Infantil San Antonio de Herbón, máis tarde o Infantil San AnManuel Feijootonio de Ponteareas, e definitivamente, en 1966, o que sería o grande amor da súa vida e a plataforma do seu lanzamento ó aires, airiños, aires da música, o Orfeón Terra a Nosa, do cal a presentación oficial tivo lugar en TVE nas Navidades do mesmo ano cun concerto de panxoliñas, todas compostas polo propio Manuel Feijoo. O Orfeón é dirixido por el mesmo durante 18 anos consecutivos e tivo a súa primeira e longa sede no seu convento de San Francisco en Santiago, onde naceu se desenvolveu e consolidou como unha das mellores masas corais de Galicia: á sombra do abrazo fraternal e acolledor do monumento a San Francisco de Asorey. Ainda en vida, nun golpe de intuición certeira e sabendo que témpora mutant mores nomeou como director sustituto ó mozo, entusiasta e capacitado compoñente do Orfeón, Miro Moreira, e logrou ademáis que o seu coro fose acollido pola Caixa de Aforros de Galicia en Santiago, como obra social desta entidade: ahí segue enton a súa obra, o seu espíritu e o seu arte no panorama musical de toda Galicia. Co Orfeón Terra a Nosa levará a cabo as sguientes actuacións e xiras:

No seu pobo de Outomuro: 3 veces, unha coa ocasión da ordenación sacerdotal do seu sobriño Enrique.

1973 : Alemania, invitado polo goberno alemán.

1975: Inglaterra. 1979: Alemania, Luxemburgo, Holanda, Bélxica e Francia.

1977 e 1983: Roma, Basílica de San Pedro, co saúdo personal da Súa Santidade Juan Pablo II.

1991: Arxentina, Uruguay, Chile e Venezuela, se ben, por motivos de saúde, él non puido dirixilo nin acompañalo. E baixo a súa dirección artística e musical a entidade conseguirá os seguintes premios:

- 2º Premio Nacional de Habaneras 1970 (Torrevieja)

- 1º Premio de Polifonía 1974 (Torrevieja)

- 1º Premio Nacional de Polifonía 1980 (Torrevieja)

- 1º Premio de Masas Corais Galegas 1976 (Lugo).

Tamén co Orfeón grabou 10 dos antigos elepés (un deles pasado a compacto actualmente), os contidos na súa maior parte son composicións propias. A súa obra de composición musical comenzou Feijoo compoñendo para consumo interno das comunidades relixiosas polas que foi pasando, como vimos co “Santa María da Fame”. Unha das obras dos seus inicios, pola súa textura, arquitectura e enxeñería melódica e instrumental, marcou e afianzou o seu iniciado camiño musical: trátase do “Himno do Colexio de Herbón”, para coro e rondalla -vale para órgano de tubos tamén-. Entre a súa obra, atópase en fase de publicación e que de momento só podemos escoitar en soportes de audio e diversos folletos de coleccións particulares, e que se interpreta na maior parte das celebracións litúrxicas na lingua materna do noso país, destacamos:

• 40 panxoliñas polifónicas, sobre letra de Torre Enciso.

• 20 pezas, sacras e profanas.

• Unha “Misa Solemne” para 4 voces mixtas e órgano.

• 3 misas sinxelas para coro, órgano e grupo de gaitas, en cassette titulado “Misas para as Romarías.”

 Outros datos de interese

Recoñecementos a 'un dosManuel Feijoo bos e xenerosos'

• Medalla ó mérito musical e Fillo adoptivo de Compostela en 1985.

• Medalla de Prata da Xunta de Galicia 1992.

• Placa e medalla de Fillo Predilecto de Outomuro-Cartelle 1992.

Cando a súa vida comezou a convertirse nunha suave e lenta melodía de dor e de cercanía da irmá morte, interpretando un cancro dramático e liberador, o Autor de Toda Armonía e da ‘música calada’, o seu Pai Deus, levouno ó ceo nun ‘andante allegro e maestoso’, na noite sen madrugada do 18 de outubro de 1992.