Diplomado en Inglés pola Escola Oficial de Idiomas de Madrid (1972) e licenciado en Bioloxía pola Universidade de Madrid (1974), está especializado en Medicina, Farmacia, Historia Natural, Aviación, Agricultura e Xardiñería, Construcción Naval, Vela, Viaxes, Turismo, Literatura e Educación.
Polo que respecta á súa actividade laboral, traballou como profesor axudante no Departamento de Botánica da Escola de Bioloxía da Universidade de Madrid (1974-75), bolseiro de predoutorado polo Consello Nacional de Investigación (1975-77), conservador xefe do Real Xardín Botánico, Madrid (1978-90), propietario e director xerente de Editorial Raíces, S.A. (1981) e director técnico de Relacións Institucionais Procisa (1990).
Foi presidente da Sociedade Española de Arboricultura (1983-95) e é membro da Sociedade Internacional de Arboricultura, membro do Instituto Español de Paisaxismo, presidente da Sociedade de Amigos do Real Xardín Botánico (Madrid), membro da Asociación Española de Parques e Xardíns, membro de The Linnean Society of London, membro do Colexio Español de Biólogos e intérprete xurado (inglés) da Oficina de Interpretación do Ministerio de Asuntos Exteriores (Madrid).
É bilingüe, pois viviu nos Estados Unidos desde moi novo, cando os seus pais pasaron algún tempo en Nova Iorque e Connecticut mentres o seu pai, médico, fixo un internado de tres anos en hospitais americanos. Empezou a traducir libros por primeira vez en 1977 polo seu coñecemento de términos de navegación, comezando con toda a serie de navegación de Nordbok (Pleasure Boating, Ships and the Sea, The Lore of Ships) para a editorial española Centropress e logo a serie ‘This is’ do consorcio suízo United Nautical Publishers para a editorial española Hermann Blume. A partir de aí, el mesmo se fixo editor e traduciu e publicou moitos libros de varias editoriais europeas e americanas (Dorling Kindersley, Bantam Doubleday Dell, Elder Books, Scott Foresman, Time Life, National Geographic Society, Nordbok, Larousse, Macmillan, Adlard Coles, Fernhurst, etc) para a súa propia empresa, Editorial Raíces, S.A., e para outras editoriais españolas como Ediciones del Serbal, Ediciones Pirámide (Grupo Anaya), Editorial Everest, Editorial Acribia, Editorial Quercus, Salvat Editores, Celeste Ediciones, National Geographic Spain, etc. Os libros máis extensos que traduciu son a Enciclopedia de Animais Macmillan (en tres volumes) e Xardiñería e Xardíns de Larousse, ámbolos dous para Everest. En total traduciu uns douscentos libros.
A temática destes libros abarca desde navegación e historia natural (zooloxía, botánica, xadiñería, ornitoloxía, micoloxía, herbas medicinais...) a antigüidades, automóbiles, golf, astronomía, cociña, historia, nutrición, guitarra, motores, deportes, Alzheimer, guías de viaxe, medicina, libros de texto, etc...
Tamén comezou a traducir para axencias internacionais de tradución como ELB Translation Services, AD-EX Translations and Transperfect en Londres, ETS en Irlanda, 4t en París, abc.networx en Berlín, Sprachendienst Bangard en Marburg, Morote en Sevilla, Prisma en Minneapolis, ASET en Arlington e Transperfect en Nova Iorque. Para estas comezou a especializarse en material médico e farmacéutico, especialmente protocolos de ensaio clínico e rexistro de fármacos, aínda que ten feito toda clase de cousas como formularios de patente, probas de Bacharelato Internacional, manuais de enfermidades (diabete, hipertensión...), material de control de plagas, meterial de veterinaria e incluso reclamacións de seguros. Durante a realización deste traballo, tamén traduciu para moitos laboratorios farmacéuticos como Pfizer, Bayer, Roche, Schering, Fort Worth, Rowa, Leiras, Elan, Virbac, American Medical Systems, etc. A finais de 1998 empezou a traballar para Medtronic, empresa fabricante de marcapasos e desfibriladores implantables, primeiro en España e posteriormente en Minneapolis e Holanda, traducindo protocolos de ensaio clínico e material de marketing, unhas 800.000 palabras.
Desde 1990, fecha na que empezou a traballar para a quinta maior empresa inmobiliaria de España, leva traducindo moitos documentos técnicos sobre construccións e desenvolvemento, así como documentos financieiros e empresariais. Tamén traduce anualmente as contas anuais e participa en reunións da xunta como intérprete para os seus directores estranxeiros.
En marzo de 2000 fíxose intérprete xurado de inglés, certificado expedido polo Ministerio español de Asuntos Exteriores, que o habilita para actuar oficialmente en asuntos legais, como unha especie de notario público no referente á traducción. Desde ese momento leva traducido numerosos documentos legais, certificados de nacemento e matrimonio, certificados de estudos, contratos, escrituras públicas, etc. Tamén Ten actuado como intérprete simultáneo en procedementos legais como vodas e xuízos, cando unha parte non fala español.
Finalmente, ten unha longuísima en traducción simultánea e ten asistido a numerosos congresos e reunións en España, Reino Unido, Estados Unidos, Suíza, Australia, etc...
Afeccións: vela, buceo, paracaidismo, guitarra clásica española, rallies de coches clásicos, colección de plantas, arquitectura paisaxística e lectura.