Juan Antonio Martínez Pérez


Categoría: Avogado e escritor
Data de Nacemento: 15 de outubro de 1929
Lugar de Nacemento: A Coruña
 Currículum

Licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Traballou como avogado e funcionario na Deputación da Coruña. Foi profesor de "Introducción ó Dereito" na Escola de Relacións Laborais na Coruña e foi tenente de alcalde do concello da Coruña. Ademais, traballou como crítico de arte en "Radio Nacional de España" e actualmente escribe en El Ideal Gallego e traballa como crítico teatral.

 Obras realizadas

Colaborou en revistas nacionais e galegas, en xornais e en varias emisoras de radio. Estas son algunhas das súas obras máis importantes: Pompas humanas, Moret, 1952; La manzana podrida, Aguilar, 1957; Guía de La Coruña, Madrid, 1964; Ensayo sobre vocación política, Diputación, 1972; Memorias de un gobernador civil, R. Grandío, 1974; RH negativo, Lage Rodríguez editora, 1976; La ciudad de los mares de esquina, Gráficas R.S., 1984; El caballo de cartón, Valladares, S.L., 2001. Ademais, publicou contos en "Radiocinema", "La hora", "El adelanto", "Ediciones y revistas municipales" e El Ideal Gallego. É conferenciante e profesor en cursos culturais e está preparando un novo libro titulado Al pasar las horas.

 Outros datos de interese

Está casado con Elvira Lage Rodríguez e ten catro fillos: Juan Antonio (arquitecto técnico), Elvira (filóloga), Andrés (biólogo) e Mª Isabel (enxeñeira de camiños, canais e portos). Foi galardoado cos premios "Relevo", "Pérez Lugín" e "Fernando Arenas". Está en posesión de varias condecoracións.