José Gerardo González Barreira


Pseudónimo:Pepe Barreira
Categoría: Actor
Data de Nacemento: 15 de maio de 1944
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Realizou estudios superiores na Universidade Complutense de Madrid (1963-1968). Tamén estudou interpretación en Nova Iorque na ‘Escola de Arte Dramático de John Hunter Theatre’ de Manhatan (1969-1970). É membro da Asociación de Actores de Galicia.

 Obras realizadas

Foi axudante de dirección (1975-1983) na ‘Compañía de Teatro Rosalía de Castro’ da Irmandade Galega de Caracas (Venezuela), profesor no Curso de Iniciación ó Teatro no ‘Laboratorio de Prácticas Teatrais’ de Balea Branca (1996-1997) e profesor do Curso de Iniciación á Interpretación no ‘Laboratorio de Prácticas Teatrais’ de Balea Branca (1998-1999).

En Venezuela, entre 1972 e 1984, participou como actor nas seguintes montaxes teatrais: ‘La Venganza de Petra’, ‘Los Caciques’, ‘Los buenos días Perdidos’, ‘La Mamma’, ‘El baño de las Ninfas’, ‘Ruidos en la casa’, ‘La Boda de la Chica’, ‘El cadáver del señor García’, ‘Os vellos non deben namorarse’ e ‘Que viene mi marido’. Tamén fixo series para televisión como ‘La Loba’, ‘Vida de Simón Bolívar’, ‘La Batalla de Carabobo’ e ‘La Independencia’. En 1984 regresa a Galicia e a partir de 1985 participa e colabora con Balea Branca, como axudante de dirección ou actor, nas seguintes producións: ‘Informe para unha academia’, ‘O Contrabaixo’, ‘Notas dun estudiante’, ‘Ai Carmela’, ‘O bico da muller araña’, ‘A lección, de Ionesco’, ‘Fálame como a chuvia e deixame escoitar’, ‘A petición de man e oso’, ‘O contrabaixo’, ‘50 anos de poesía galega’, ‘Notas dun estudiante’ e ‘Defensa de Dama’.